No marco do Proxecto Ruralité facemos distintos roteiros pola parroquia. O mar está moi preto da escola, realmente o salitre forma parte do ADN da nosa escola. Polas nosas ventás entra brisa mariñeira asubiando versos versos, asubiando poemas.
(Imaxes de Sabela Eiriz)
O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me dera navegar!
Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
¡No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar…!
¡No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán…!
¡Non teño medo ó trebón
nen me asusta o furacán!
¡O meu barco de xoguete!
¡O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral…!
¡Andei por tódolos mares!
¡Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sen saír do meu fogar!
Manuel María