Amosando publicacións coa etiqueta RURALITÉ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RURALITÉ. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de xuño de 2023

ROTEIROS: POR AGUIÑO E SAN ROQUE.

No marco do proxecto "Ruralité"a Comunidade de Pequenos e Pequenas fixo uns roteiros pola parroquia de Aguiño e polo parque periurbano de San Roque.
 





A NATUREZA

Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe…!

O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.

A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador…!

A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man…!

(Manuel María)




luns, 5 de xuño de 2023

RURALITÉ: PROXECTO "POETIZAR O POBO". CASTELAO

 

POETIZAR O POBO

 Grazas a este proxecto, un dos escritores que visitou este ano Aguiño, foi o noso admirado CASTELAO.

INVOCACIÓN A CASTELAO

Home cabal,
concencia comunal,
forte penedo
contra a noite i o medo,
trono
que nos tirou o sono
facéndonos acordar
e camiñar,
fe poderosa
que estea a patria nosa,
limpa aurora,
vida fecunda e creadora,
voz que berra
a verdade da Terra,
guieiro,
compañeiro
preciso como o pan,
tremor humán,
facho puro
alumando o escuro.
Castelao:
pai e irmao.
Verba de luz inxel:
¡Daniel!

(Manuel María)

 

martes, 23 de maio de 2023

RURALITÉ: POETIZAR, POETIZANDO.

 Hoxe estivemos colocando os carteis poéticos que estivemos pintando na escola. Na imaxe podemos observar o que puxemos de Gloria Fuertes no Mirador. Poesía camiñante por toda a parroquia, poesía que invita a ler e a sentir. Poesía do pobo. Poesía patrimonio. Poesía.


 





luns, 22 de maio de 2023

ROTEIROS: BRISA POÉTICA.

 No marco do Proxecto Ruralité facemos distintos roteiros pola parroquia. O mar está moi preto da escola, realmente  o salitre forma parte do ADN da nosa escola. Polas nosas ventás entra brisa mariñeira asubiando versos versos, asubiando poemas.






                                                                                           (Imaxes de Sabela Eiriz)

O MEU BARCO

 Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me dera navegar!


Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
¡No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar…!


¡No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán…!
¡Non teño medo ó trebón
nen me asusta o furacán!


¡O meu barco de xoguete!
¡O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral…!


¡Andei por tódolos mares!
¡Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sen saír do meu fogar!

 

Manuel María

mércores, 10 de maio de 2023

CARTELERÍA FEITA NA EDITORIAL POLA COMUNIDADE DE MAIORES.

 



Na Editorial o alumnado da Comunidade de Maiores deseña carteis sobre diversos temas e enmarcado no proxecto "Ruralité" fai pegadas pola parroquia, invitando á veciñanza a reflexionar, coidar o entorno...buscando deste xeito a complicidade da transformación e o cambio para mellorar situacións que son responsabilidade de todos e todas como cidadanía. 

Mostramos dous exemplos de campañas feitas. Trátase de carteis sobre o feminismo pegados en distintos comercios de Aguiño e de carteis sobre ecoloxismo. Salientar o feito de incluír nos seus deseños persoas coa pel de diversas cores.









venres, 14 de abril de 2023

RURALITÉ: "POETIZAR O POBO, POETIZAR A VIDA"

 No contexto Covid naceu o proxecto "Ruralité", onde as portas da escola abríronse en toda a súa plenitude e amplitude, buscando o ceo como teito e area, terra e herbas como chan. Foron numerosas as intervencións que fixemos por toda a parroquia duranrte dous cursos: en leiras de familias, camiños, montes, praias, espazos de cartelería do Concello,campañas de concienciación medioambiental, exposicións de creacións feitas na escola na parroquia, exposicións monográficas... Hoxe en día, podemos dicir que Ruralité" xa é un proxecto que forma parte do ADN da nosa escola, cunha proxección plurianual. As lecturas ao aire libre taménestiveron presentes.

RURALITÉ 

Exposición de fotografía realizada na Editorial.

Carteis medio ambiente. 

 

Exemplos de imaxes de instalacións artísticas, performances...






 







      Un exemplo de intervención dentro de "Ruralité" deste curso é "Poetizar o pobo". A Comunidade de Maiores, no primeiro e segundo trimestre, fixemos varios roteiros pola parroquia e localizamos puntos que nos gustaría poetizar. Lanzadeiras de esporas poéticas. En pequenos grupos buscamos en distintos libros de poesía e na rede poemas, versos, pensamentos...que consideramos que se poden aliar co vento e poetizar a nosa parroquia.

    En Tesselas (Identidade artística) preparamos os carteis en madeira. Este trimestre colocarémolos, pasando  a formar parte da paisaxe do noso entorno máis próximo.