Este trimestre recomendamos a lectura do libro da mestra Esther Zarrias "Un cambio de mirada. Los inicios de una escuela pública activa". A autora recolle a súa experiencia como mestra implicada nun proceso de cambio e transformación, cuestionándose distintos aspectos da escola pública, ofrecendo alternativas e referentes...É unha testemuña de como é posible facer un necesario cambio de mirada onde se dean respostas ás necesidades auténticas da infancia.