venres, 28 de outubro de 2022

XARDÍN DE FADAS. CREACIÓN DE RELATOS A TRAVÉS DA EXPRESIÓN ORAL.

 O xardín das fadas podemos atopalo no ambiente de Palabras (Comunidade de Pequenos/as). É un xardín feito artesanalmente mimando cada detalle.  Nestes espazos de creación de relatos orais, as distintas personaxes falan cos nenos e as  nenas.








domingo, 23 de outubro de 2022

24 DE OUTUBRO. DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. BIBLIOTECAS NOS AMBIENTES DE APRENDIZAXE.

 As bibliotecas son espazos de inspiración. Na nosa escola, ademáis da biblioteca central "Heroínas de Sálvora", temos bibliotecas especializadas en todos os ambientes. Estas bibliotecas están conectadas coas identidades de cada un deles: científica, lingüística, artística...Por exemplo nos ambientes de identidade científica (Natureza, Pachamama e Gaia) podemos atopar libros, contos, documentación, etc, sobre animais,  plantas, univeso, minerais...

Pouco a pouco iremos facendo un percorrido por todas as "bibliotecas satélite" da escola. Cada mes, presentaremos estas "bibliotecas satélites".

 

 


 Comezamos pola Comunidade de Pequenas e Pequenos.

 



 Ambiente: Atelier (Indentidade artística) Nesta biblioteca podemos atopar libros de arte e album ilustrado.

 

Ambiente: Aquelar (Identidade vida cotiá) Nesta biblioteca podemos atopar contos onde están presentes distintos tipos de casas, diversidade de estruturas familiares, sobre roles dentro das familias, oficios...


 

Ambiente: Construcións (Identidade lóxica-matemática). Nesta biblioteca podemos atopar contos onde está presenten as formas xeométricas, os números, as cores, os tamaños...e libros sobre diversos tipos de construcións (monumentos...)

 


Ambiente: Palabras (Identidade lingüística). Nesta biblioteca a literatura está presente en todas as súas manifestacións: poesía, prosa, fábulas, album ilustrado...con personaxes de contos, obxectos asociados a distintos relatos...Salientan os libros onde as letras do abecedario son as protagonistas.

 

Ambiente: Natureza (Identidade científica). Nesta biblioteca atoparemos fondos bibliográficos relacionados co mundo natural: animais, minerais, plantas, universo...


sábado, 1 de outubro de 2022

BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA!

Logo dun ano de reformas e renovación da biblioteca, estamos felices de anunciar a apertura da biblioteca neste curso 2022-2023! Como di a escritora Elizabeth Kostova: "Foi bo volver entrar nunha biblioteca: cheiraba a casa". Benvida!




O té literario xa está listo para ser degustado!