xoves, 22 de decembro de 2022

BO NADAL E VENTUROSO 2023!

Despedimos o trimestre con doces de Nadal, música e a visita do apalpador. O 9 de xaneiro vémonos de novo!

                                                       

                                         





mércores, 21 de decembro de 2022

EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS DA COMUNIDADE DE MAIORES.

E para rematar o trimestre, a biblioteca acolleu a exposición dos proxectos científicos realizados polo alumnado da comunidade de maiores.


   






🎄MAÑÁ CHEGA O APALPADOR!🎄

Mañá 23 de decembro chega o Apalpador á escola! Aquí podedes ver a nova da Editorial que nos informa deste acontecemento e ao autor da imaxe. 

https://heroinasdixital.com/2022/12/16/fin-do-primeiro-trimestre-o-apalpador-e-bo-nadal/#more-5529


OBRADOIRO "APRENDER IGUALDADE CREANDO". 

Ao longo do mes de decembro a comunidade de maiores participou neste obradoiro proposto polo Centro de Información ás Mulleres de Ribeira. A prevención das violencias machistas foi o tema central, que o alumnado traballou a partir de distintas dramatizacións grupais. 

A nosa escola recoñécese como unha escola feminista e queremos aprender, reaprender e observar o mundo que nos rodea con ese filtro violeta, tan necesario e xusto.

 










luns, 19 de decembro de 2022

MENSAXE PARA O APALPADOR, PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS (III).

E, por último, a comunidade de maiores recomenda:

  • Poesía e textos poéticos:



  • Información:

  • Narrativa:





MENSAXE PARA O APALPADOR, PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS (II).

Á comunidade de medianos/as tamén lle gustaría que tiverades en conta estes libros:
  • Poesía e textos poéticos:




  • Información:











  • Narrativa:




MENSAXE PARA O APALPADOR, PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS (I).

Xa chegou o Nadal! Sabemos que tedes moito traballo así que enviamos unhas recomendacións de libros que nos gustaría que os nenos e nenas do Heroínas de Sálvora puidesen ler e desfrutar. Hai un pouco de todo: libros de poesía, información e narrativa. As mestras da comunidade de pequenos e pequenas suxiren:

  • Poesía e textos poéticos:

           

  • Información:

 

  • Narrativa:

 








1º ENCONTRO DA ESCOLA DE FAMILIAS.

O pasado martes 13 de decembro tivo lugar o primeiro encontro da escola de familias, impulsada polo Departamento de Orientación da nosa escola. Ao longo de dúas horas, Joaquín Castaño, mestre de ioga na Escola Internacional de Ioga, falounos sobre autocoñecemento e autoestima. Grazas, familias, por achegarvos e compartir este tempo!


Deixamos máis información sobre Joaquín Castaño, por se é do voso interese:

https://www.escueladeyoga.com/avada_portfolio/joaquin-castano/#

CAL SERÁ A PALABRA DO ANO 2022?

O Portal das Palabras proponnos unha ano máis a votación para escoller a palabra do ano 2022. As candidatas son: 

  • Autoestima.
  • Candorca.
  • Comadre.
  • Ecocidico.
  • Inflación.
  • Resiliencia.
Podedes votar ata o 25 de decembro na páxina https://portaldaspalabras.gal/.
Aquí podedes ler por que se escolleron estas palabras:

https://portaldaspalabras.gal/escolle-a-palabra-do-ano-entre-estas-seis-finalistas/.


xoves, 15 de decembro de 2022

ESTREAMOS NOVO LOGO!

E coa nova biblioteca tamén chegou o novo logo, cun deseño de Sara Reiriz inspirado no mar e nos libros. 


ENTRADE SEN CHAMAR QUE A PORTA ESTÁ ABERTA!

Frases para reflexionar, libros e contos para nenos e nenas, conferencias, recursos emocionais... Todo isto e máis poderedes atopalo no blog do Departamento de Orientación da nosa escola, "O carreiro educativo". Non o perdades!

https://procesoscognitivos6.wixsite.com/o-carreiro-educativo?lightbox=image_bn9




PROXECTO "OS NOSOS DESEXOS".

Ana, Marco e Sara elaboraron na Editorial este precioso proxecto. Podedes botarlle un ollo nesta ligazón:

https://heroinasdixital.com/2022/12/15/os-nosos-desexos/




luns, 12 de decembro de 2022

👀NOVIDADES!

Xa temos na biblioteca a historia en cómic de como unha miñoca se fixo amiga dun coello e tamén dunha pega a pesar de non faceren moi boas migas ao principio... Podedes atopalos na zona de novidades da biblioteca, xusto á entrada.

                                    

 








GOZANDO NA BIBLIOTECA!

Nestes meses, os nenos e nenas están recuperando o hábito de baixar á biblioteca todas as semanas. Logo das reformas xa o botaban de menos!







🎵CAMPO ESTRELADO.

E con decembro chega o novo timbre musical, a canción "Campo estrelado", de Wöyza. Aquí poderedes escoitala e tamén saber un pouco máis sobre a canción explicado pola mesma artista. 





25 DE NOVEMBRO: "O MEU DESEXO É O TEU DESEXO". 

A partir desta frase inspirada na obra da artista brasileira Rivane Neuenschwander, pedímoslles aos nenos e nenas que trouxesen un lazo cunha frase-desexo para todas aquelas mulleres que sofren maltrato. Estes lazos simbolizan a compañía, o apoio e a forza que queremos facerlles chegar a elas e á sociedade. A arte tamén transforma o mundo!