martes, 31 de xaneiro de 2023

OBRADOIRO PARA FAMILIAS. "A ARTE DE POÑER LÍMITES" CON MERCEDES URBIOLA.

 



Este mes tivemos un obradoiro con Mercedes Urbiola organizado dende a Escola de Familias. Tratouse o tema dos límites, cuestión que consideramos de vital importancia para o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas. Moitas grazas Mercedes por achegarnos este tema tan interesante sobre o que tanto temos que reflexionar como sociedade!

luns, 30 de xaneiro de 2023

ARTE POSTAL.ARTE EN MOVEMENTO. PRESENTACIÓN. DÍA DA ILUSTRACIÓN. 30 DE XANEIRO.

 

Este curso puxemos en marcha o proxecto de “Arte postal, arte en movemento”.Para a súa difusión utilizamos esta ilustración de Isaac Díaz Pardo. Ilustración que podemos atopar en “Memorias dun neno labrego” de Neiras Vilas. Consideramos que é fundamental coñecer á figura de Isaac Díaz Pardo e todo o legado que nos deixou a nivel cultural e de identidade.

O texto que se inclúe é de Xela Arias, onde fala de paxaros que voan ao lonxe, ese é tamén o noso desexo con este proxecto, que voen moi lonxe as nosas postais cheas de reivindicacións, de mensaxes conectadas cos sentimentos, con temas sociais…textos en GALEGO, que vaian deixando unha estela da nosa lingua polas mans que pasen (persoas que traballan en correos, carteiros/as, conserxes que recollen a correspondencia, destinatarios/as…

 

 Aproveitamos o Día da ilustración para falar da importancia desta como manifestación artística.

“Debuxar debería ser unha forma de expresión tan válida como escribir” (Clara Cerviño-ilustradora). Este ano adiciouselle o Día da Ilustración a María Antonia Dans. 

No 1º trimestre a comunidade de Medianos/as visitou as instalacións da oficina de correos de Ribeira para coñecer o seu funcionamento. Moitas grazas Jose María polo teu recebemento e atención!





 

 


venres, 27 de xaneiro de 2023

A BIBLIOTECA COMO ESPAZO DE COMPLICIDADE.

 A escola vai tecendo albumes de vivencias traducidas co tempo en recordos. As lecturas compartidas, son anacos de tempo cheos de complicidade. Estas lecturas misturan silencios, exclamacións de sorpresa, risas, inquedanzas...son momentos realmente máxicos de conexións onde a espontaniedade é a savia do momento.
















A ESCOLA É UNHA SOPA DE LETRAS: A VIDA É UNHA POTA CHEA DELAS!

 Letras grandes, letras pequenas, letras de cores, letras de texturas, ...xogar coas letras igual que se xoga cunha boneca, cun pau, cunha pedra, ...xogar coas súas formas.  A  escola é unha sopa de letras! A vida é unha gran pota chea delas! .  Albert Eisten. "Xogar é a forma máis elevada de investigar"
















martes, 24 de xaneiro de 2023

PRÉSTAMO SEMANAL DE CONTOS. FAMILIAS E LECTURAS.

Semanalmente facemos o préstamo dos contos. Son xanelas cheas de fantasía, aventuras, amores, misterios...que se comparten entre fillos/as e familias.


 


luns, 23 de xaneiro de 2023

A BIBLIOTECA COMO PROFUNDIZACIÓN DE COÑECEMENTOS: INTERESES, INQUEDANZAS, DÚBIDAS...

Ademáis de coñecer ao artista Manuel Ayaso nas conversas na nosa biblioteca, seguimos profundizando na súa obra grazas ós libros, a catálogos...e á visita que fixemos á súa escultura en Ribeira.
 





A BIBLIOTECA COMO ESPAZO PARA ATOPARSE CUN MESMO/A. LECTURA SILENCIOSA.