Cando deseñamos un espazo na escola, non o deixamos en mans do azar, hai moitos bosquexos e ideas compartidas. Son espazos dentro dos ambientes pensados e reflexionados en base ás necesidades auténticas do alumnado, da comunidade educativa, ... isto aderezado con distintas conexións culturais que poidan existir, buscando sempre un mimo estético e de harmonía no conxunto do mesmo.
Este é o caso dun novo espazo da biblioteca central "Heroínas de Sálvora" da nosa escola. Quixemos proxectar un lugar que fora unha homenaxe tándem á infancia e as familias, onde poidan estar presentes diversas linguaxes fusionadas evocando a Loris Malaguzzi.
Este espazo está pensado para que sexa adaptable para toda a comunidade educativa, sendo as familias o noso centro de atención principal á hora de elixir o tamaño do mobililario, posto que desexamos poder ofrecer un punto de encontro con elas, onde a comodidade sexa unha aliadada do benestar para as charlas, lecturas compartidas,escola de familias, reunións de comisións de traballo...
Na súa fundamentación máis romántica, familias e nenos/as danse a man a través da biografía de Paul Klee, artista elixido para o estampado central do sillón, posto que este autor elaboraba monicreques con todo tipo de materiais de reciclaxe e de desfeito para o seu fillo . Contáballe infinidade de contos e inventaban relatos conxuntamente.
A todo isto súmase a súa ideoniedade para celebrar os clubes de lectura e os encontros cos/as escritores/as e ilustradores/as dos libros lidos, posto que os/as participantes son o alumnado da Comunidade de Maiores. Non esquenzamos que o autocolante e cartel do seu clube de lectura "Medio Pan" ten unha ilustración de Kvêta Pacovská onde os aparecen tamén monicreques.