xoves, 10 de decembro de 2009

COMO SE PODEN CONSEGUIR MÁIS SELOS?



Este é o carnet que teñen tódol@s nen@s do cole e o que terán que ir cubrindo con 9 selos, pero ¿cómo se poden conseguir máis?

O primeiro é un agasallo da biblioteca, pero para poder conseguir máis pódenser facer dúas cousas:

Participar ( polas tardes) e entregar ( durante os recreos), correctamente os distintos biblioconcursos que se vaian propoñendo ó longo do curso.
Lembrade traer o carnet para poder poñervos o selo.

E có préstamo semanal, cando teñades 10 libros, contos, ... lidos darásevos outro selo.

Animádevos a participar, xa que unha vez completado o carnet ó final de curso recibiredes un agasallo.E coidade o carnet para non perdelo nin estragalo, pois só tedes un.

PARTICIPA NO BIBLIOXOGO

O primeiro biblioconcurso do curso consiste en investigar sobre o noso entorno máis cercano: O COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO, onde se atopan a lagoas de Vixán e Carregal, e por iso vos ofrecemos esta presentación.


Reco

xoves, 26 de novembro de 2009

COMEZAMOS A VIAXAR


Novamente este curso, poñemos en marcha e vos presentamos as mochilas viaxeiras. Esperamos que, unha vez máis disfrutedes dos contidos que voa achegamos nesta actividade.
Lembrarvos que o material vai adicado a toda a familia e non só para os nen@s, por este motivo procuramos presentar unha diversidade de títulos para todos.
Como xa sabedes, a mochila inclúe un caderno de apuntamentos, onde aparece un listado do contido da mochila, para revisar que estean todos os títulos antes de levala ou entregala.
Neste caderno podedes anotar a vosa opinión sobre a actividade da "mochila viaxeira" e sobre o material seleccionado. Podedes valorar cada material por separado ou facelo por conxunto.
Tamén sería interesante que cada membro da familia fixera a súa aportación: a lectura que máis vos gustou, a que vos resultou máis interesante, a máis divertida, a máis curiosa,...
Se o desaxades, podedes ilustrar os vosos comentarios, as vosas sensacións e os sentimentos que vos produciron as lecturas, e facer suxestións sobre os temas que máis vos interesan.

Moitas grazas pola vosa colaboración e dende o equipo de biblioteca esperamos que disfrutedes desta experiencia.

xoves, 19 de novembro de 2009

Dende o Equipo de Biblioteca pensamos que sería interesante dispoñer de revistas na biblioteca por eso xa están a vosa disposición para poder consultar:



Esperamos que sexan do voso agrado.

luns, 9 de novembro de 2009

TEMPO DE OUTONO



Como andamos no tempo do magosto dende o Equipo de Biblioteca querémosvos recomendar unhas ACTIVIDADES LIM feitas por Belén Junquera.
Preme aquí para poder acceder



Así coma a páxina do CEIP FRIAN de Teis, na que atoparedes moitos enlaces relacionados coa época do ano na que nos atopamos.



Dende a Biblioteca dámoslle as grazas por compartir o seu traballo e esforzo con tod@s.

xoves, 29 de outubro de 2009

REDEIRAS:POEMARIO EXPERIMENTAL

http://www.redeiras.blogspot.com/



Actualmente participamos 17 centros neste proxecto, que consiste en facer poemas e sacarlle unha fotografía ou vídeo para despois envialos a outros centros e colgalos no blogue "Redeiras".

No blogue hai unha selección de páxinas para tomar como referencia para facer "poemas experimentais": Joan Brossa, Chema Madoz, con técnicas surrealistas,...

A temática e técnica é totalmente libre.

Dende a biblioteca anímamosvos a participar.

xoves, 22 de outubro de 2009

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA



Coa celebración do Día da Biblioteca, o vindeiro 24 de outubro, búscase achegar o mundo das bibliotecas á sociedade en xeral e dar así a coñecer os recursos que estas teñen e a súa potencialidade como centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe ao servizo dun ensino de calidade.

O Equipo de Biblioteca, en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística e Medio Ambiente, queren sumarse a esta conmemoración facendo entrega a todo o alumnado dun autocolante que co lema “Lendo reciclaste” pretende animar a todos os nenos e nenas deste centro a visitar a biblioteca tanto en horario escolar acompañados dos seus titores/as como en horario extraescolar as tardes dos luns, mércores e xoves lembrando que unha das funcións da biblioteca é ser espazo de lecturas como nos recorda o cartel realizado por Miguelanxo Prado para a conmemoración deste día e que está na entrada da biblioteca.

xoves, 15 de outubro de 2009

INVESTIGANDO ...

O eqipo de innovación propónvos investigar sobre o noso entorno máis próximo, neste caso sobre o Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Para que poidades afondar nas vosas investigacións, dende biblioteca propoñémosvos que lle votedes unha ollada a esta selección de fondos que atoparedes na entrada da nosa biblioteca.

v>

xoves, 1 de outubro de 2009

A ODISEA CONTADA PARA NENOS

Hai uns días o segundo e terceiro ciclo de E. Primaria acudiron a unha representación teatral da obra "A Odisea" no auditorio de Ribeira.





Pasáronno moi ben, foi moi divertido e tódolos asistentes recibiron como agasallo un toquelado dun barco e un exemplar do conto obsequio da Editorial Rodeira.

xoves, 24 de setembro de 2009

EMPEZA UN NOVO CURSO

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos a benvida un curso máis.
Como xa saberedes, este ano foille concedido ó noso centro o PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES e unha das actuacións que se vai a levar a cabo é trasladar a biblioteca para a planta baixa do cole, pero mentres esto non sucede seguiremos funcionando coma sempre.
Agardamos a vosa visita.

luns, 25 de maio de 2009

Honorata recoméndache.....

Como ben sabedes, no noso centro estivemos todo o ano a desenvolver un proxecto de Innovación en normalización Lingüística que leva por título "Sereas e Heroinas de Sálvora".
A nosa amiga Honorata quere recomendarche estes libros sobre sereas e heroinas:







domingo, 24 de maio de 2009

Certamen literario en Ribeira

O Ceip de Aguiño está de noraboa pois varios alumnos e alumnas do noso centro reultaron gañadores no Certamen Literario organizado polo Concello de Ribeira con motivo da celebración das letras galegas.

Parabéns a todos e todas!

biblioconcurso das letras galegas

Como todos os anos por estas datas, o equipo de Biblioteca en coordinación co equipo de Normalización Lingüística puxo en marcha o "biblioconcurso das letras galegas". Nel os/as participantes debían atopar resposta a varias preguntas en torno á vida e obra de Ramón Piñeiro consultando os libros que temos na nosa biblioteca, os carteis da exposición, internet,...
A participación nesta edición foi moi alta, sen dúbida algo tería que ver o feito de que só por participar recibirían un agasallo de parte da nosa mascota, a rata Honorata.





xoves, 2 de abril de 2009

2 de abril: Día do libro infantil e xuvenil

Como tódolos anos nesta data non podemos deixar de lembrar a Hans Christian Andersen e na biblioteca estamos facendo lecturas individuais e colectivas dalgunhas das súas obras. Ademáis nas aulas de E.Infantil realizaronse actividades en torno a un dos contos preferidos do noso alumnado "O parruliño feo"
Aquí tendes unha pequena selección dos contos de Andersen máis lidos na nosa biblioteca

mércores, 25 de marzo de 2009

novidades

Coa chegada da primavera na nosa biblioteca poñemos a vosa disposición dúas novas guías para disfrutar da natureza


Contacontos para E.Infantil

Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos do noso Ceip disfrutaron dunha sesión de contacontos ofrecida pola editorial Kalandraka. A través da palabra e a música os máis cativos/as viviron as aventuras do rato Paco que quería probar a Lúa, de Garavanciño cando foi comido polo boi e de Martín ese neno que andaba nunha nube.




mércores, 4 de febreiro de 2009

Día da Candeloria

O 2 de febreiro conmemórase o Día da Candeloria e segundo a crenza popular nese día "casan os paxariños nas árbores", por iso di o refrán " A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa".

Actualmente este é o día escollido para celebrar o Día do Amor en Galicia, por iso os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca do colexio propoñen a todo o profesorado e alumnado do centro que nesta data lle digan a alguén que o queren agasallándoo cun poema.

xoves, 15 de xaneiro de 2009

O Barbanza nas nosas letras

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB) achéganos este tríptico con lecturas recomendadas para o noso alumnado escritas por autores e autoras barbanzáns ou que desenvolven o seu argumento na nosa comarca.


As mochilas viaxeiras inician a súa andaina



Co novo ano chega unha nova proposta do equipo de biblioteca : a "mochila viaxeira". Tratamos con ela de achegar libros de lectura para os diferentes membros da familia, DVDs temáticos, CDs de xogos para o ordenador, revistas infantís e xuvenís, ..... ata as casas do noso alumnado e implicar así ás familias na creación e consolidación de hábitos de lectura.




Botamos a andar unha mochila por nivel (tanto en Infantil como en Primaria) e por turno rotatorio irá indo de casa en casa durante sete días, pasando nesta a fin de semana co fin de que toda a familia a poda disfrutar.

Nela tamén incluimos un pequeno caderno de apuntamentos co fin de que nos fagan chegar a opinión que lles merece esta actividade e levar a cabo propostas de mellora.