PREMER NA IMAXE
luns, 29 de xaneiro de 2018
venres, 26 de xaneiro de 2018
2 de FEBREIRO: DÍA DA CANDELORIA
O poemoa foi elixido porque pode vincular o tema do amor e a violencia de xénero: Por unha banda dende a voz e o sentir da muller que non ten porque aguantar ningún tipo de maltrato no nome do amor mal entendido (control,sumisión...), e por outra banda, dende a voz e o sentir do home que ten o peso educacional dende que nace de que pode facer o que desexe seguindo a estela da concepción machista do amor. Este poema o podería recitar o "eu" dun neno recén nacido que non quere vivir para facer dano, senón para amar.
Agardamos que sexa do voso agrado.
NOVIDADES
Diccionario
de termos de arqueoloxía e prehistoria. Ana Romero
Masiá e Felipe Arias Vilas. Ir Indo.
Fai o teu conto con Don Martiño. Loli Rial e Pepe Carreiro. Ir Indo.
Macedonia de froitas. Tono Núñez e Mingos Teixeira. Ir Indo.
A derradeira Cincenta. Renada Mathieu e Francesc Salvá. Ir Indo.
Este é o medo. Oli e Pepe Carreiro Ir Indo.
mércores, 24 de xaneiro de 2018
MODIFICACIÓN DO HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA
O horario de apertura quedará do seguinte xeito:
- Luns: de 9 a 10 da mañá e de 4 a 6 da tarde.
- Martes: de 9 a 11 da mañá e de 4 a 5 da tarde.
- Mércores: de 9 a 11 da mañá e de 4 a 6 da tarde.
- Xoves: de 4 a 6 da tarde.
- Venres: de 4 a 5 da tarde nas seguintes datas: 2 e 16 de febreiro, así como o 9 de marzo.
En nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP Heroínas de Sálvora, agradecemos a colaboración de todas as familias que coa súa axuda e dispoñibilidade posibilitan esta ampliación.
luns, 22 de xaneiro de 2018
venres, 19 de xaneiro de 2018
AMPLIACIÓN DO HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA
O horario de apertura quedará do seguinte xeito:
- Luns: de 9 a 10 da mañá e de 4 a 6 da tarde.
- Martes: de 9 a 11 da mañá e de 4 a 5 da tarde.
- Mércores: de 9 a 11 da mañá e de 4 a 6 da tarde.
- Todas as tardes dos xoves de 4 a 6 e as mañás do xoves, de 9 a 10 horas, nas seguintes datas: 25 de xaneiro, 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo, 5 e 19 de abril e, finalmente, o 3 e o 31 de maio.
- Venres: de 9 a 11 da mañá. A biblioteca abrirá tamén as tardes do venres, de 4 a 5 da tarde mais, polo de agora, só nas seguintes datas: o 2 e o 16 de febreiro, así como o 9 de marzo.
En nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP Heroínas de Sálvora, agradecemos a colaboración de todas as familias que coa súa axuda e dispoñibilidade posibilitan esta ampliación.
mércores, 17 de xaneiro de 2018
luns, 15 de xaneiro de 2018
venres, 12 de xaneiro de 2018
CLUBE DE LECTURA: MAREA NEGRA
Empezamos xaneiro e o equipo de biblioteca xa está preparando o segundo clube de lectura do curso.
Nesta ocasión o libro escollido está publicado pola Editorial Anaya, escrito por Ana Alonso e ilustrado por Jordi Vila Delclòs.
Julieta viaxou dende Arxentina para encontrar as súas raíces nun pobo da costa galega. Pero a única persoa que pode axudala deixou de falar fai moitos anos, a raíz da catástrofe do Prestixe. Trátase de Anxo, o avó de Román. Julieta e Román descubrirán detalles fascinantes acerca dos seus antergos a través dos obxetos que Anxo pon no seu camiño e tratarán de axudarlle a recuperar a voz.
DATAS DAS XUNTANZAS:
22 de Xaneiro.
5 e 26 de Febreiro.
5 de Marzo.
HORARIO DAS XUNTANZAS:
De 16 a 17 horas.
luns, 8 de xaneiro de 2018
PORTAL DAS PALABRAS 2º TRIMESTRE
Ao longo deste trimestre, no noso particular "Portal das Palabras" imos a botar man de nomes propios, os de mulleres científicas que ao longo da historia contribuíron coa súa labor ao progreo da Ciencia. Poderían ser moitas máis xa que, aínda que menos coñecidas que os seus homólogos masculinos, son bastantes as figuras femeninas que conseguiron superar barreiras para lograr os seus obxectivos.
Este listado foi elaborado cronolóxicamente,dende a primeira muller científica da que se ten constancia ata algunhas que ainda están en activo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)