martes, 26 de xuño de 2018
xoves, 21 de xuño de 2018
luns, 18 de xuño de 2018
venres, 15 de xuño de 2018
martes, 12 de xuño de 2018
AVISO SORTEO:
O día 1 de xuño fíxose o sorteo do DVD que se rifaba para recaudar cartos para a excursión de sexto.
O número agraciado foi o: 81.
A persoa agraciada foi: Ángela Ferras Torres.
NORABOA!!!!
DANZATERAPIA
Aos nenos/as de 6º de primaria, gustounos moito o Obradoiro de Danzaterapia deste curso. Estamos encantados coas actividades realizadas e tamén moi contentos coa nova profesora, Mercedes. Grazas a ela e ás súas actividades agora coñecemos mellor o noso corpo e os nosos gustos, perdemos a vergoña a bailar en público, aprendemos cultura doutras partes do mundo e gustaríanos que os nenos e nenas dos seguintes sextos disfruten deste obradoiro tanto coma nós.
Esperamos que o disfrutedes!!!
Un saúdo musical!!!
Alumnos/as de 6º de Primaria.
luns, 11 de xuño de 2018
PARABÉNS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA.
A comunidade educativa está de noraboa. Recibimos a boa nova de que o noso proxecto de innovación en dinamización lingüística: “ O Barrio. Ambiente de aprendizaxe da vida cotiá: Proxecto sen data de caducidade”, foi premiado por Consellería.
Sen lugar a dúbida é un proxecto froito da implicación e entusiamo do alumando, profesorado, personal non docente, acompañantes, alumnado de maxisterio en prácticas, familias, comercio local, empresas…
Parabéns a todos e todas! Moitísimas grazas por construir conxuntamente este Barrio no que tanto gozou todo o alumando durante todo o curso e no que seguirá gozando xa que polo seu éxito terá proxección plurianual.
En breve, celebraremos un Consello Escolar de nenos e nenas onde recolleremos as súas valoracións sobre o Barrio e as súas propostas de mellora cara o vindeiro curso.
venres, 8 de xuño de 2018
xoves, 7 de xuño de 2018
OBRADOIROS CIENCIA EN RUTA
O luns 4 e o martes 5 de xuño desenvolvemos no centro os obradoiros de ciencia sobre a dixestión para a comunidade dos pequenos e para medianos e maiores a actividade centrouse na Lei da gravitación universal de Newton, na construcción de cohetes con materias de refugallo e no seu lanzamento.
Compartimos con vós unhas imaxes das actividades:
Compartimos con vós unhas imaxes das actividades:
OBRADOIRO SOBRE A DIXESTIÓN:
biblioteca de aguinho de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
OBRADOIRO FABRICACIÓN DE COHETES:
biblioteca de aguinho de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
luns, 4 de xuño de 2018
domingo, 3 de xuño de 2018
PLAN PROXECTA "DONAS DE SI".
Queremos compartit o cartel do Plan Proxecta "Donas de si", que no noso centro titulamos:
"TesELAS: mosaicos incompletos".
Mosaicos da historia da humanidade onde nos roubaron as teselas do noso existir.
No cartel recóllense uns versos da poetisa portuguesa Florbela Espanca, escritora precursora de movementos feministas, sobre unha obra de Paul Klee. Os versos falan de "ecos" ecos de voces femininas que non lle chegan ao noso alumnado a través dos libros,... ecos silenciados, ecos de teselas de mosaicos incompletos.
Agardamos que sexa do voso agrado.
venres, 1 de xuño de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)