xoves, 26 de febreiro de 2015

CLUBE DE LECTURA

Despois de varias sesións de reunións, o clube de lectura de "Terror en Winnipeg" chegou ao seu fin.
Aquí vos deixamos unas imaxes, parece que os nenos/as desfrutaron desta lectura !!!!

 
 
 

 
 
 

venres, 20 de febreiro de 2015

NA BIBLIO XA SE RESPIRA TEATRO!!!!



24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

“Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos”



A data do 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA, xa que se conmemora o nacemento da poeta. A continuación deixamos algúns recursos atopados pola rede cos que se pode coñecer un pouco máis da súa vida e obra.




21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola UNESCO o 21 de febreiro de 2000, e celébrase na mesma data cada ano nos Estados membros e na sede da organización para promover a diversidade lingüística e cultural así coma o plurinlingüismo.


Secretaría Xeral de Política Lingüística.

luns, 16 de febreiro de 2015

TEMPO DE ENTROIDO


Como xa sabedes o teatro é o tema do proxecto de biblioteca deste curso e  por iso decidimos que o mellor xeito de celebrar o entroido era disfrazándonos de mimos. 

Para que quedase un recordo, decidiuse en colaboración có equipo de dinamización da lingua galega, facer un photocall polo que pasaron todas as aulas. Aquí vos deixamos unhas fotos de todos os nosos mimos. A verdade é que estaban todos ben guapos e guapas!!!!!

SEXTO




QUINTO A

 QUINTO B

CUARTO

TERCEIRO

SEGUNDO

PRIMEIRO

5 ANOS A

5 ANOS B

4 ANOS

3 ANOS

TODOS OS MESTRES/AS


E despois dos "posados" bailamos e cantamos a canción que preparou o mestre de música.



  

xoves, 5 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ + DÍA DA CANDELORIA

Este ano celebramos estas conmemoracións nun mesmo día e acompanados por mestras de Lleida e Valencia que estaban visitando o centro, xa que temos un proxecto conxunto chamdo Trenzas.

Reunímonos todos no ximnasio, onde cantamos e bailamos a canción que o mestre de música, Daniel, preparou con todos os nenos e nenas:

-Debuxa un corazón


   
   
   
   
   
   
   
   
   


 -A continuación fixemos unha solta de globos. Moitas grazas as mamás da ANPA por inflalos e poñerlle as cordas.








martes, 3 de febreiro de 2015

ESTE ENTROIDO O COLE ENCHERASE DE ....


MIMOS

Como xa sabedes o proxecto desde curso da biblioteca e o teatro, e por iso decidimos este disfraz que está moi ligado ao teatro.

Aquí vos deixamos uns enlaces que vos poder ser de utilidade para a súa elaboración, maquillaxe, xestos, movementos,...

-Mimo corporal: definición da wikipedia.