sábado, 30 de abril de 2016

RESUMO DA SEMANA DO LIBRO EN IMAXES

Como xa vos dixemos, o equipo de biblioteca coa colaboración dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º organizamos diferentes actividades para cada día da semana, e agora queremos compartir con vós unhas imaxes de cada unha.

  • Luns 25: os nenos e nenas de 5º que levan a cabo o clube de poesía recitaron un fragmento do poema de Manuel María "O cuco" con nenos e nenas de infantil. 
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow

  • Martes 26: os nenos e nenas de 4º recitaron diferentes poemas de Manuel María que ademais tamén ilustraron.
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow


  • Mércores 27: os nenos e nenas de 5º que teñen organizado un clube de teatro representaron con títeres, coa colaboración de nenos e nenas de infantil, a obra "Amelia quere un gato" e os nenos e nenas de 6º recitaron o poema de Manuel María "Emigración".
               biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow


  • Xoves 28: algúns nenos e nenas de 5º contaron contos de animais ao resto do alumnado.
                  biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow



  • Venres 29: pechamos a semana co apadriñamento lector, na que os nenos e nenas de 2º a 6º leéronlle un conto aos neno e nenas de infantil e 1º de primaria, convertíndose así nos seus padriños e madriñas.
biblioteca de aguinho's  Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

luns, 25 de abril de 2016

RECURSOS SOBRE OS REFUXIADOS.





Se premes na imaxe pode acceder a unha lista de 10 libros para explicar ós nenos o drama dos refuxiados, e como este é un tema moi presente este curso na nosa biblioteca queremos compartilo con todos vós.

SEMANA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Aínda que este ano o "Día do Libro" coincidiu nun día non lectivo, o equipo de biblioteca programou unha serie de actividades para desenvolver ao longo da semana do 25 ao 29 de abril durante a hora de ler, nas que conxugamos o día do libro coa obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Esta é a nosa programación:


  • Luns 25: os nenos e nenas de 5º, que se encagan do clube de poesía, xunto con nenos e nenas de infantil, recitarán un fragmento do poema "O cuco" de Manuel María. 

  • Martes 26: os nenos e nenas de 4º recitarán poemas de Manuel María

  • Mércores 27: os nenos e nenas de 5º que teñen organizado un clube de teatro, farán unha representación de títeres.

  • Xoves 28: algúns nenos e nenas de 5º contarán contos de animais ao resto do alumnado.

  • Venres 29: terá lugar o apadriñamento lector. Actividade que consiste en que os nenos e nenas de 2º a 6º que o desexen leeranlle un conto aos nenonos de infantil e 1º de primaria, convertíndose así nos seus padriños e madriñas.


Queremos resaltar a iniciativa que tiveron os nenos/as dos distintos clubes que fan posible a organización desta semana, e dende aquí agradecemos a súa colaboración.

Para rematar ao longo da semana e ata final de curso tódalas familias que o desexen (despois de falar coa titora ou titor) poderán vir ás aulas e contarlle contos aos seus fillos e aos seus compañeiros.

venres, 22 de abril de 2016

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Compartimos con vós estes recursos sobre Cervantes  e o Quixote para traballar o día do libro.

 http://www.symbaloo.com/mix/diadellibro




PALABRAS DA SEMANA

LUNS 18 DE ABRIL



MARTES 19 DE ABRIL



MÉRCORES 20 DE ABRIL



XOVES 21 DE ABRIL




VENRES 22 DE ABRIL


CLUBE DE LECTURA: VIC E BOMBONA


O libro de Sara Barreiro, Vic e Bombona, editado por Galaxia é o libro escollido para o terceiro clube de lectura que empezou o pasado luns 18 de abril.
Dende o clube de lectura estamos seguros que vos vai a gustar esta obra e para abrir boca deixámosvos a sinopse da mesma:

Bombona é a cadela máis lista do mundo. E Vic un pequeno desastre de neno.
Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e a descubrir os segredos agochados dunha vila enteira. Intriga, misterio e aventuras por riba e debaixo da terra na primeira novela de Sara Barreiro.



venres, 15 de abril de 2016

PALABRAS DA SEMANA

LUNS 11 DE ABRIL



MARTES 12 DE ABRIL



MÉRCORES 13 DE ABRIL



XOVES 14 DE ABRIL



VENRES 15 DE ABRIL


domingo, 10 de abril de 2016

PALABRAS DA SEMANA

LUNS 4 DE ABRIL



MARTES 5 DE ABRIL



MÉRCORES 6 DE ABRIL



XOVES 7 DE ABRIL



VENRES 8 DE ABRIL


EXPOSICIÓN: PONTE NOS SEUS ZAPATOS.

Como o tema deste curso é a emigración, o equipo de biblioteca montou a exposición: "Ponte nos seus zapatos".
 Está composta por diferentes imaxes que farán reflexionara a grandes e pequenos sobre a situaciones de milleiros de refuxiados que neste momento vense obrigados a fuxir dos seus países pola situación na que se atopan.


Na actualidade máis de 50 millóns de persoas vense obrigadas a fuxir dos seus fogares por culpa da persecución e da violencia e viven alonxadas dos seus paíse e de moitos dos seus seres queridos e viven en campos, asentamentos ou cidades nos cinco continentes.






 Para completar a exposición tamén se poden ver unha colección de láminas de Castelao sobre a emigración.








 














 Para rematar, na exposicion hai un espazo interactivo adicado ás familias no que podedes deixar os vosos pensamentos, sensacións,...




luns, 4 de abril de 2016

CLUBE DE LECTURA: OS TRATANTES DE PAPAGAIOS.

O clube de lectura do segundo trimestre chegou ao seu fin e queremos compartir con todos vós algunhas imaxes das sesións e as impresións dalgúns dos nenos e nenas que participaron nel.

Algunhas das actividades que fixemos foron:


  • Dramatización dalgúns diálogos do libro:


  • Ilustración de palabras que nos suxire o libro: 









  • Fixemos unha merenda na última sesión:




  • Tamén fixemos faladoiros, intercambios de puntos de vista, suxerimos ideas de cómo podería seguir a historia, sobre o papel dos personaxes,...  lecturas compartidas.

  • E rematamos coa visita da autora para falar un pouco con nós sobre o libro, proxectos futuros,... 


 




A nós encantounos a presenza de Leticia Vila Sexto e pensamos que a ela tamén lle agradou moito o momento que pasou con todos nós, MOITAS GRAZAS LETICIA!!!



E agora compartimos algunhas das impresións dalgúns dos nenos e nenas que participaron no clube de lectura:

A min este ano gustoume moito o club de lectura. O libro ao principio non  me gustou nada, pero despois pareceume interesante. Cada vez que o leía quería ler outro capítulo, pero non se podía. O que máis me gustou foi cando Santi (que é o protagonista) podía falar cos animais porque a min encantaríame. 
A profe que nos deu o clube de lectura propoñía moitas actividades para facer, por exemplo: Facer un mural coas palabras do libro,... o que máis me gustou foi ao final cando trouxo a comida, cando faciamos o mural e cando representamos os diálogos do libro. 
A autora pareceume moi dulce e boa e creo que si se puxera a facer libros sería moi coñecida.


Carlota.



A min gustoume moito no clube de lectura o libro, a fascinante aventura e historia que se explica según vas lendo, os traballos que facemos,... e por suposto a merendola que comemos no último día. Pero o que menos me gustou foi facer unha pequena representación dos diálogos do libro. Aínda así pondríalle un 10 de puntuación.
Iria.



O día que mais me gustou foi cando escribimos nos papeis algo que tivera relación co libro e coa historia, porque estabamos todos nunha mesa escribindo e decorando palabras. O día que menos me gustou foi o día que lemos a noticia do xornal (era unha crítica sobre o libro). Gustar gustoume todo, pero si hai que elixir pois digo o que menos a noticia e o que mais decorar as palabras. 
Espero ir outra vez ao club de lectura no seguinte trimestre.

Eva.


Unha das cousas que máis me gustou do clube de lectura foi cando fixemos a representación dun dos capítulos do libro. Tiven que representar a un escaravello que falaba con Santiago, o protagonista da historia.
O último día do clube de lectura estivemos dando a nosa opinión persoal sobre que nos pareceu o libro. Para min, o libro foi moi interesante e divertido. O final do libro foi moi fácil de adiviñar, porque cando falaron dos criados, xa me din conta que eran eles os que facían contrabando cos papagaios.
Outra das cousas que me gustou do clube de lectura foi a reunión coa escritora do libro. Estivo xenial poder coñecela e darlle a miña opinión sobre o libro.

Marco