sábado, 6 de maio de 2023

CREANDO NA IMPRENTA ALOUETTE MACHINE. PREPARANDO A EXPOSICIÓN.

 


 Como xa dixemos na presentación dos obradoiros de imprenta de Alouette Machine, tivemos a oportunidade de facer as nosas propias creacións, co valor engadido e motivación de preparar unha exposición para toda a Comunidade Educativa. Deseñamos o cartel da "Exposición de ARTE POSTAL", xogando coas tipografías, cas cores das letras, ca propia disposición das mesmas...foi como crear coreografías  formando palabras con gran mimo entre todos e todas.







 

Ademáis dos carteis anunciadores da exposición, tamén fixemos numerosas postais, con distintas tipografías, diversos moldes de estampación, con versos do poema de Luz Fandiño, con textos con curiosidades de animais,...facendo creacións que despois de ser expostas na biblioteca, serán enviadas por correo postal convertíndose en obras de arte paseantes que van deixando un ronsel de mensaxes sobre o ecoloxismo, sobre actitudes fronte a vida...