Esta semana enviamos as postais de cor nápoles que deseñamos con fragmentos da obra de Angélica Dass, Abi Castillo e Maruja Mallo onde se poden observar a mulleres coa pel de distintas cores. Invitamos a outras escolas de distintos puntos xeográficos a mudar a denominación de COR CARNE por COR NÁPOLES. Deste xeito fusionamos os proxectos anuais de Tiébélé co de Arte Postal.
Preparamos as postais con gran agarimo e fumos ata a oficina de correos de Aguiño. Moitas grazas Esther pola túa atención!
Fainos moita ilusión pensar e sentir como as nosas postais van a pasar por numerosas mans antes de chegar ás escolas destinatarias (persoal das oficinas de correo, carteiros/as, conserxes...). A mensaxe da importancia de respetar a diversidade será lida por moitas persoas,...temos a ilusión de intentar cambiar pouco a pouco o mundo para que sexa máis hatitable e inclusivo!. Moitas grazas a todos e todas pola valiosa colaboración!
BENVIDA A COR NÁPOLES ÁS NOSAS CREACIÓNS, Á NOSA INFANCIA, A NOSA VIDA!