venres, 12 de maio de 2023

MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS, MAIO DE CHUCHAMELES: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG E XOHANA TORRES.

 


 

  Os chuchameles son sabores da infancia, dos que non se saben se gustaban ou non, pero era un xogo dos camiños e das leiras. O amarelo segue pintando os lenzos das nosa paisaxes, das nosas escritoras na obra de Historia da literatura de Francisco Fernández del Riego.

 

  MARÍA DO CARME KRUCKENBERG


A bravura da mar

envolve a túa cintura

con brétemas translucidas

de encaixe de bolillos.

Os amigos navegan

por costas invencibres

da túa xeografía.

A mitade do barco

se engalana de vento

e de brancas gaivotas,

mentres pola noite cantan

os poetas, o faro que os guía.

A Coruña soña ca beleza

intanxíbel, do primeiro amencer

que lle regala a vida.

XOHANA TORRES 


PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:

“QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR.”