Este mes de Febreiro faleceu a gran ilustradora e escritora Květa Pacovská. Os seus libros son verdadeiros museos camiñantes cheos de enerxía cunha linguaxe propia que nos invita a viaxar ata o infinito. É unha verdadeira creadora de universos.O autocolante do noso club de lectura "Medio Pan" leva unha obra súa. Grazas por todo, e por tanto,Květa Pacovská! En Aguiño tes un club de fans1
martes, 28 de febreiro de 2023
KVÊTA PACOVSKÁ: CREANDO UNIVERSOS.
luns, 27 de febreiro de 2023
O PRINCIPIÑO. RELATO QUE TRANSITA E HABITA AS FOLLAS DOS LIBROS.
O Principiño aterriza en distintas paisaxes da nosa escola, agasallándonos con este relato en distintos formatos: conto, comic,... en distintas linguas. A conexión e a relación do ser humano coa natureza é unha constante que nos invita poeticamente a reflexionar sobre a necesidade de habitar o planeta dun xeito respetuoso."PAISAXES HABITADAS, PAISAXES TRANSITADAS".
sábado, 25 de febreiro de 2023
FAMILIAS E ROSALÍAS.
Durante todo o mes de febreiro van chegando distintos carteis que teñen como protagonista a Rosalía de Castro. Son creacións feitas polas familias da Comunidade de Medianas/os.
xoves, 23 de febreiro de 2023
ILUSTRADORAS GALEGAS. LARA LARS. ROSALÍAS E ARQUITECTURAS.
Lara Lars é unha ilustradora galega que traballa coa técnica do collage. Dende o noso blogue queremos visibilizar e poñer en valor a ilustración en xeral, xénero artístico moitas veces esquecido. En especial queremos subliñar a obra de ilustradoras galegas, ofrecendo deste xeito referentes de mulleres neste ámbito.
No ambiente de Tesselas (Identidade Artística da Comunidade de Maiores) homenaxeando a Rosalía de Castro, e no ambiente de Construcións (Ambiente de lóxica-matemática na Comunidade de Pequenos/as) podemos coñecer a obra de LARA LARS. Nas súas ilustracións, o feminismo é unha constante.
PRESENTACIÓN DE ARQUITECTURAS.
A obra de Lara Lars inspirounos para facer estas creacións na Comunidade de Medianos/as.
A BIBLIOTECA COMO A CASA DAS ESCRITORAS E ESCRITORES. 23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
O día de Rosalía de Castro é unha celebración moi especial para nós por ser unha escritora galega, por defender a nosa lingua, por ser muller e por ser feminista. A súa poesía é unha fonte infinita de inspiración. Este curso fixéronse distintas actividades: carteis en colaboración coas familias da Comunidade de Medianos/as, recepción de Arte Postal onde os versos ilustraron os sobres, poemas musicados no ambiente de Sereas (identidade de música e danza) paquete postal-agasallo e postais do deseñador gráfico Breogán Alamancos, recital no Parque de San Roque da Comunidade de Maiores...
No patio, en colaboración con Manolo da Asociación cultural e agroecolóxica "Sachos á rúa" estamos acondicionando as hortas con distintas plantacións. Este espazo chamámolo HORTIÑAS DE ROSALÍA, pola vinculación da súa poesía á terra e á paisaxe galega. Esta cuestión relacionase co proxecto de innovación anual.
Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.(Rosalía de Castro)