Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de xuño de 2023

ROTEIROS: POR AGUIÑO E SAN ROQUE.

No marco do proxecto "Ruralité"a Comunidade de Pequenos e Pequenas fixo uns roteiros pola parroquia de Aguiño e polo parque periurbano de San Roque.
 





A NATUREZA

Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe…!

O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.

A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador…!

A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man…!

(Manuel María)




sábado, 17 de xuño de 2023

CAMPAMENTO NA CASCADA. DESPEDIDA PARA UNHA NOVA ETAPA.

PRÓXIMA PARADA: SECUNDARIA.


Lembro a pureza dos meus soños.
O pasmo que me causaban
as estrelas.
As paisaxes que quedaron
nos meus ollos.
Os contos do avó.
A doce voz de miña nai.
As verbas de meu pai.
Os xogos compartidos
cos irmaos.
E tantas cousas fondas
que forman parte inseparábel
de min mesmo.

(Manuel María)


luns, 5 de xuño de 2023

PARQUE DOS SENTIDOS (MARÍN): IMPRESIÓNS SENSORIAIS.

 Sons, texturas, recendos, cores, formas...impresións sensoriais que crean e enriquecen os  universos dos nosos esquemas de coñecemento.








 

OBSERVANDO E INVESTIGANDO SOBRE PEIXES. SAIDA AO CLÚSTER DE ACUICULTURA (COUSO)

 A saída ao Clúster de Couso (CETGA) enriquceu ás investigacións que facemos na escola na biblioteca. Tivemos a oportunidade de observar douradas, rodaballos, robalisas...Moitas grazas a todos/as os/as profesionais que tan amablemente nos recibiron e explicaron distintas cuestións sobre os peixes!














mércores, 31 de maio de 2023

"PAISAXES HABITADAS, PAISAXES TRANSITADAS": SOMOS MAR.

"Palabras de brisa 

Rimar/non rimar

Palabras molladas

Palabras do mar"

(Antonio García Teijeiro)

 

 NA LONXA DE RIBEIRA (Comunidade de Medianos/as)



 
 

NA PRAIA DE COROSO (Comunidade de Medianos/as)

Deixame libre,
que quero ir ó mar;
Camiño de ida,
non vou regresar.
As ondas me leven
onde haxa un cantar.
Do barco dos soños,
serei capitán.
Arroaces mouros
miranme escoltar.
Seguirei da escuma
O louco bailar.
Dos portos que toque,
ningún saberá.
Deixádeme libre,
Que quero ir ó mar.

 

(Ana Mª Fernández)


FACENDO SURF NO VILAR (Comunidade de Maiores)

 Cando o vento agarimaba
ás ondiñas xoguetonas,
os peixiños prateados
dábannle forte ás zanfonas.
-Óllanos- dixo un cativo.
-Bícanos- dixo un segundo.
-Fainos cóxegas, ventiño, - dixo, mecoso,outro deles.
O vento abriu os seus brazos
cara ós peixes pequechiños.
Peixes e ondas fixeron
unha roda de aloumiños.
  
(Antonio García Teijeiro)