venres, 27 de xuño de 2014


Co curso 2013/14 a piques de rematar gustariamos dar por rematado o traballo do Equipo de Biblioteca agradecendo a implicación de todos os mestres e mestras, das familias e dos nenos e nenas, xa quen sin todos vós o traballo feito carecería de sentido.
Agora é tempo de tomarnos un respiro e coller folgos para o vindeiro curso que estamos seguros que nos deparará novas aventuras. Así que vémonos en setembro!!!!

mércores, 25 de xuño de 2014

ANA MARÍA MATUTE

Hoxe aconteceu o pasamento de Ana María Matutenovelista membro da Real Academia Española e a terceira muller que recibiu o Premio Cervantes no ano 2010.
Ana María Matute foi unha das voces máis persoais da literatura española do século XX e é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española.


Aquí vos deixamos algunas das súas obras, coas que de seguro pasaredes un bo momento tanto grandes coma pequenos.

Novelas
  • Los Abel (1948)
  • Fiesta al Noroeste (1952)
  • Pequeño teatro (1954)
  • En esta tierra (1955) (reeditada como Luciérnagas en 1993)
  • Los hijos muertos (1958)
  • Primera memoria (1959)
  • Los soldados lloran de noche (1963)
  • Algunos muchachos (1964)
  • La trampa (1969)
  • La torre vigía (1971)
  • El río (1973)
  • Luciérnagas (1993)
  • Olvidado rey Gudú (1996)
  • Aranmanoth (2000)
  • Paraíso inhabitado (2009)

Relatos cortos e contos para nenos

  • La pequeña vida (1953)
  • Los niños tontos (1956)
  • Vida nueva (1956)
  • El país de la pizarra (1957)
  • El tiempo (1957)
  • Paulina, el mundo y las estrellas (1960)
  • El saltamontes y El aprendiz (1960)
  • A la mitad del camino (1961)
  • El libro de juegos para los niños de otros (1961)
  • Historia de la Artámila (1961)
  • El arrepentido (1961)
  • Tres y un sueño (1961)
  • La rama seca (1961)
  • Caballito loco y Carnavalito (1962)
  • El río (1963)
  • El polizón del "Ulises" (1965)
  • El aprendiz (1972)
  • Sólo un pie descalzo (1983)
  • El saltamontes verde (1986)
  • La Virgen de Antioquía y otros relatos (1990)
  • De ninguna parte (1993)
  • La oveja negra (1994)
  • El verdadero final de la Bella Durmiente (1995)
  • El árbol de oro (1995)
  • Casa de juegos prohibidos (1996)
  • Los de la Tienda (1998)
  • Todos mis cuentos (2000)
  • La puerta de la luna. Cuentos completos (2010)

domingo, 22 de xuño de 2014

LIBROS PARA DÍAS DE VERÁN

E como o curso chegou ao seu fin, damos por rematado o traballo do Equipo de Biblioteca con esta pequena escolma de lecturas para o verán, que de seguro serán do voso interese.
Agardamos comentarios, suxestións,...





sábado, 14 de xuño de 2014

OS NOSOS CÓMICS!!!

E case co curso rematado temos o placer de presentarvos as nosas historias de banda deseñada, pois una das actividades propostas dende o Equipo de Biblioteca para desenvolver nas aulas, foi a creación dun personaxe e unhas viñetas contando as súas aventuras, historias,...
Aquí vos deixamos unhas imaxes.



        

 

 

 

mércores, 4 de xuño de 2014

VISÍTANOS FRANCISCO CASTRO!!!!

Como xa sabedes o libro escollido para o primeiro clube de lectura do curso foi: CHAMÁDEME SIMBAD do autor Francisco Castro que nos visitou esta semana.


Despois de compartir as nosas impresións sobre a historia e escoitalo atentamente, compartimos un pincho de tortilla!!! (porque nos enteramos que lle gustaba moito)

Francisco, moitas grazas por visitarnos!!!! e agardamos que ti disfrutases tanto coma nós coa túa compaña.

Aquí vos deixamos unhas fotos do momento:









RECIBIMOS A VISITA DE SABELA NÚÑEZ SINGALA!!!!

O luns 26 de maio recibimos a visita de Sabela Núñez Singala, autora do libro escollido para o segundo clube de lectura do curso: O agasallo de Anya.
Pero non veu soa, acompañouna a súa boneca Xiana e algunha que outra sorpresa, como foron uns contos escritos en ucraíno, fotos,...
Sabemos polo seu blogue, que lle gustou moito a experiencia e queremos que sepa que as mestras e nenos que participaron no clube tamén lles encantou. 

Sen máis aquí vos deixamos unhas imaxes desta divertida tarde, na que non podía faltar unha pequena merenda.

E por suposto, dende o Recanto de Honorata dámoslle as grazas a Sabela por visitarnos e por asinar no libro de visitas.








luns, 2 de xuño de 2014

E CON TODOS VÓS...!!!!!

Unha das propostas deste curso foi a elaboración dun persoaxe de comic en cada aula. Despois de poñer a creatividade en funcionamento e un gran traballo e esforzo por parte de todos, temos o pracer de presentarvos a ... 
ÁNXELA

 BAUTISTA


FRAUMAN

SANTI AGUIÑO

 HORTENCE.  

LLESI 

LILY 

LEONARDO

YASMIN 

CONCHITA

DT (Double trouble)

RINA

CHIVI 

VIOLETA