mércores, 20 de febreiro de 2013
APRENDER A BUSCAR NA REDE
Este material foi elaborado por dúas profesoras responsables das bibliotecas escolares dos seus centros: Olga Rodríguez do CEIP Milladoiro de Malpica e Charo Sánchez-Gabriel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
É unha ferramenta moi interesante e de calidade para aprender a buscar na rece con eficiencia.
Dende o Recanto de Honorata,agracedemos a difusión deste traballo, parabéns.
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de
Castro pola Consellería de Cultura e Educación.
Este ano cúmprense 150 anos da publicación da obra:
- Fundación Rosalía de Castro (preme na imaxe).
-Real Academia Galega (preme na imaxe).
- Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (preme na imaxe).
-Alborada de Rosalía de Castro en youtube.
- Actividade Lim, elaborada polo CEIP Alexandre Bóveda. (preme na imaxe para xogar).
- Recursos en verde sobre Rosalía.
-Rosalía en verde. Actividade Lim, elaborada polo CEIP Alexandre Bóveda. (preme na imaxe para xogar).
mércores, 13 de febreiro de 2013
BENVIDOS/AS Á EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS
Coa chegada do entroido, con alumnos e profes disfrazados de científicos e científicas, decidimos inaugurar a exposición de experimentos, organizada polo equipo de biblioteca, pero na que participou todo o centro, xa que cada titoría tiña a tarefa de preparar e traballar con un experimento para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras, e co que puidesemos descubrir distintas propiedades da auga.
Como organizamos a inauguración?
Cada grupo tiña unha hora de comezo asignada e cando chegaban á exposición eran recibidos por unha científica que se encargaba de dirixir a visita. Para comenzar viamos unha presentación da presenza da auga en todo o mundo e nos seus diferentes estados, en segundo lugar facíamos unha visita guiada pola exposición e para rematar a científica proxectounos o seguinte vídeo do ciclo da auga.
Preme na porta e accederás á unha
galería de imaxes da nosa exposición.
Estes son os experimentos que podedes facer:
- Remuíño nunha botella.
- A auga fría mestúrase coa quente?
- Sacar unha moeda sen mollarse.
- Medidas da auga.
- Burbullas asombrosas.
- Evaporación da auga.
- Disolución.
- A densidade da auga.
- Flota ou afunde?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)