xoves, 29 de outubro de 2009

REDEIRAS:POEMARIO EXPERIMENTAL

http://www.redeiras.blogspot.com/



Actualmente participamos 17 centros neste proxecto, que consiste en facer poemas e sacarlle unha fotografía ou vídeo para despois envialos a outros centros e colgalos no blogue "Redeiras".

No blogue hai unha selección de páxinas para tomar como referencia para facer "poemas experimentais": Joan Brossa, Chema Madoz, con técnicas surrealistas,...

A temática e técnica é totalmente libre.

Dende a biblioteca anímamosvos a participar.

xoves, 22 de outubro de 2009

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA



Coa celebración do Día da Biblioteca, o vindeiro 24 de outubro, búscase achegar o mundo das bibliotecas á sociedade en xeral e dar así a coñecer os recursos que estas teñen e a súa potencialidade como centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe ao servizo dun ensino de calidade.

O Equipo de Biblioteca, en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística e Medio Ambiente, queren sumarse a esta conmemoración facendo entrega a todo o alumnado dun autocolante que co lema “Lendo reciclaste” pretende animar a todos os nenos e nenas deste centro a visitar a biblioteca tanto en horario escolar acompañados dos seus titores/as como en horario extraescolar as tardes dos luns, mércores e xoves lembrando que unha das funcións da biblioteca é ser espazo de lecturas como nos recorda o cartel realizado por Miguelanxo Prado para a conmemoración deste día e que está na entrada da biblioteca.

xoves, 15 de outubro de 2009

INVESTIGANDO ...

O eqipo de innovación propónvos investigar sobre o noso entorno máis próximo, neste caso sobre o Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Para que poidades afondar nas vosas investigacións, dende biblioteca propoñémosvos que lle votedes unha ollada a esta selección de fondos que atoparedes na entrada da nosa biblioteca.

v>

xoves, 1 de outubro de 2009

A ODISEA CONTADA PARA NENOS

Hai uns días o segundo e terceiro ciclo de E. Primaria acudiron a unha representación teatral da obra "A Odisea" no auditorio de Ribeira.





Pasáronno moi ben, foi moi divertido e tódolos asistentes recibiron como agasallo un toquelado dun barco e un exemplar do conto obsequio da Editorial Rodeira.