"Polo correo do vento" a través da súa actuación " A volta ao mundo de historias e contos"encheu a biblioteca de literatura, notas musicais, xestos e ilustracións. Cando se fusionan varias linguaxes (oral, corporal, plástica, musical...) os relatos convírtense en pasaportes para vivilas e sentilas dende o latexo da nararración. Da man de Pancho percorremos mares e montañas, subliñando o papel da emigración do noso pobo galego. As postais e os selos (por exemplo de Rosalía de Castro) como parte integrante das historias conectaron co no noso proxecto de "Arte postal, arte en movemento". Autores como Manuel María, Aquilino Iglesias...estiveron nos pentagramas poéticos das cancións que se interpretaron situándonos en distintos puntos xeográficos (EEUU, México...), foi un paseo por estas paisaxes habitadas, por estas paisaxes transitadas para familias e nenos/as.
Moitas grazas compañeiros Antón, Carlos e Quique, de "Polo correo do vento" por compartir con nós estas historias cheas de conexións coa nosa cultura e identidade galega, tecidas con tanto agarimo e ilusión!.