domingo, 28 de febreiro de 2010

8 DE MARZO: HISTORIAS PARA LER

O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e a Biblioteca quere colaborar dalgún xeito con esta importante celebración. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, pero tamén de que foi moito o que se acadou ata o momento e non debemos esquecer o traballo de todas aquelas mulleres que o fixeron posible.
Lembramos que na biblioteca tes unha morea de libros escritos e protagonizados por mulleres que seguramente te sorprenderán. Agora só falta que as escoites ...


ONCE DAMAS ATREVIDAS

Olis Helle Thomassen
Kalandraka edicións


Onde as protagonistas son once rapazas que van percorrendo o mundo e a súa vez van desaparecendo.
Non so trata o tema da muller como protagonista, senón tamén puntos xeográficos e numeración.


XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!

Fina Casalderrey
Baía Edicións


A protagonista do libro é mestra e é unha muller que sofre malos tratos. Mestura de realidade e inxenuidade, pretende romper coa tendencia dos contos infantís de roles estereotipados. Tenta así imaxinar un mundo de igualdade entre os homes e as mulleres.

MUSICA PARA TODAS AS MULLERES


LUAR NA LUBRE "CENTEAS"

8 DE MARZO: DIA DA MULLER TRABALLADORA

Facendo un pouco de historia...

O día Internacional da Muller foi proposto pola alemá Clara Zetkin en 1910, que foi integrante do Sindicato Internacional de Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca. Ela anteriormente xa participara en prol da muller en 1886, asistindo ao Congreso da segunda Internacional socialista en París e defendendo o dereito das mulleres ao traballo e á participación en asuntos nacionais e internacionais, así como tamén, esixía a protección das nais, as nenas e nenos.

A razón para elixir o 8 de Marzo como o Día Internacional da Muller, é en relación a varios sucesos que ocorreron por esa data; un deles é o dun grupo de costureras de Nova York, que no ano de 1857 apoiadas polo seu sindicato, decidiron tenazmente ocupar a fábrica téxtil onde traballaban, para esixir igualdade de salarios e unha xornada de traballo de 10 horas; lamentablemente este movemento terminou cun incendio no que morreron 146 costureras e outras máis resultaron feridas.

As diversas protestas realizadas por mulleres e a súa participación continua nos grandes foros, deron froitos; así en 1977 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou como oficial o día 8 de marzo .

xoves, 25 de febreiro de 2010

"OS LIBROS NAS PRAZAS"



Con motivo do Ano do Libro e a Lectura en Galicia, a fundación cultural CUMULUM, quere intervir o día 23 de abril de 2010, as prazas de cinco cidades de Galicia cun tapiz de libros, ao que deron en chamar:

Agoralibros, “os libros nas prazas”.

As prazas elexidas son:
Praza Maior, Lugo,
María Pita, A Coruña,
Obradoiro, Santiago de Compostela
Prazas Maior de Ourense
Praza Maior de Pontevedra

Dita acción, ten por obxecto poñer o libro e a lectura en valor, dun modo visual e ao alcance de todas as persoas. Para este proxecto necesitan xuntar ao redor de 150.000 libros.

Para iso, queren contar coa nosa colaboración, e que lles fagamos chegar exemplares de calquera tipo ou temática, que teñamos na casa e que estean deteriorados, obsoletos,…

Dende o equipo de biblioteca consideramos unha iniciativa moi interesante a que nos propuxo CUMULUN e non dubidamos en unirnos a ela aportando todos aqueles libros que temos fóra de uso e gustaríanos animarvos a q que colaborades con esta iniciativa traendo á biblioteca do cole os libros que consideredes, (hai unha caixa no pasillo para depositar os libros), a a fundación CUMULUM encargarase de vir a recollelos .

Moitas grazas pola vosa colaboración

venres, 19 de febreiro de 2010

21 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA LINGUA MATERNA


O vindeiro 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, establecido en 1999 pola Conferencia Xeral da Unesco, para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística atoparás información e recursos para este día.

PROPOSTAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto



PREME AQUI

xoves, 18 de febreiro de 2010

BIBLIOTECAS VIRTUAIS

Na barra da esquerda engadimos unha lista de Bibliotecas dixitais e de seguido ofrecémosvos algunhas das súas características:

Gutenberg, é quizais a biblioteca máis popular de Internet cun amplo catálogo de milleiros de libros dispoñibles para descargar.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, é a biblioteca máis popular en español. Non permite descargas de autores clásicos, só lectura páxina a páxina en pantalla.

Biblioteca Virtual EUMEDNET, conta con máis de cincocentos libros de Economía, Dereito e Ciencias Sociais. Poden descargarse gratis e sen necesidade de rexistrarse a texto completo en formato DOC ou PDF ou lerse en pantalla como páxinas web.

Biblioteca Virtual Estremeña, na que atoparemos máis de 600 arquivos dixitalizados sobre Extremadura.

Biblioteca Virtual de Saúde, é unha rede de descentralizada de fontes e servizos de información en América Latina e o Caribe.

Biblioteca Virtual de Saúde de Cuba, integrante da rede de América Latina e o Caribe e que é parte de Infomed , o Portal de Saúde de Cuba.

Biblioteca Dixital Cidade Seva, a máis importante colección de contos clásicos, en calquera idioma. Dende Esopo ata Juan Manuel, desde Boccaccio ata os clásicos do século XX. Milleiros de contos que se poden ler en pantalla, descargar ou imprimir.