luns, 30 de novembro de 2015

XOSÉ NEIRA VILAS


Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... e segundo moitos dos que o coñeceron humilde persoa.

O autor de Memorias dun neno labrego, o primeiro "best seller" gallego e un gran axitador de conciencias, finou na súa casa cruceña de Gres o pasado venres 27 de  novembro, poucos días despois de publicar o seu último libro.



Alá onde estes agardamos que xa esteas coa túa querida Anisia Miranda. DEP.

domingo, 22 de novembro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS


O equipo de biblioteca leva un tempo traballando na preparación das mochilas viaxeiras, que esta semana emprenderon a súa viaxe polas casas e rúas de Aguiño, agardamos que gocedes con elas cando cheguen ás vosas casas.

Este ano ademáis de diferentes fondos pensados para todos os membros da familia: información, música, cómic, contos, manualidades,... tamén contén dous exemplares da revista "Ollos de aula", elaborada pola coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística (na columna esquerda no apartado "enlaces de interese" podedes consultar todos os números que levan publicados). 

Outro dos contidos da mochila é o caderno de apuntamentos, no que como sempre nos podedes facer chegar os comentarios que consideredes: pertinencia do contido, se o tempo foi suficiente, que foi o que máis vos gustou, se botades en falta algo,... E finalmente, este ano incluímos como novidade o Caderno de vivencias, no que as familias podedes recoller por escrito as vivencias que tivo ou está a ter algún familiar, veciño,... como emigrante, xa que a emigración é o tema deste ano do noso proxecto.

Dende o equipo de biblioteca agradecemos a implicación e colaboración de toda a comunidade educativa nesta actividade.

mércores, 11 de novembro de 2015

NOVOS RECURSOS DO BLOGUE

Dende hoxe contamos con dúas ferramentas  novas, na columna esquerda do blogue,  ás que podedes acceder cun simple clic.

  • A primeira é o Portal das palabras: unha iniciativa para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do noso léxico, da man da RAG e da Fundación Barrié, xa que hai formas pedagóxicas e divertidas de levar o léxico e a lexicografía ás aulas. Neste senso educaBarrié proponnos actividades, guías e outros recursos para conseguir a máxima atención e implicación dos rapaces e rapazas.


  • A segunda é o repositorio de recursos Tics Aguiño: no que atoparemos un montón de recursos seleccionados polo equipo TICS do noso cole.