xoves, 19 de decembro de 2013

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O NADAL

Coa chegada do Nadal, presentámosvos unha pequena selección de lecturas que poden resultar interesantes para os pequenos e non tan pequenos, agardamos que vos animedes con algunha delas e que as teñades en conta á hora de escribir a carta aos magos,....





mércores, 11 de decembro de 2013

MADIBA

O pasado día 5 deste mes de decembro, morría NELSON MANDELA, e o mundo enteiro recórdao estes días.
Madiba, como se coñecía cariñosamente, loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas, entre negros e blancos e contra as inxustizas convertíndose nun símbolo mundial da liberdade e da tolerancia.
Esta é unha pequena homenaxe a un gran home, un gran lider e loitador incansable polos Dereitos Humanos que despois de estar preso 27 anos perdonou e foi quen de unir a un pobo devastado polo apartheid conseguindo unha democracia multirracial en Sudáfrica.
No ano 1993 consigueu o Premio Nobel da Paz e foi presidente do seu país.


A biblioteca do CEIP A Maía, de Ames (A coruña) elaborou esta presentación que queremos compartir con vós. Preme na imaxe.

E esta é unha bibliografía resumida deste gran home.


mércores, 4 de decembro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS




As mochilas viaxeiras empezaron a súa viaxe polas casas dos nenos e nenas do cole. Agardamos que a selección de materiais que ten cada unha sexa do agrado de todos e todas e que gocedes con esta experiencia en familia, pois cada unha contén materiais que se adaptan a diferentes idades e intereses.
Por certo, non esquezades anotar os vosos comentarios, suxestións,... no caderno de apuntamentos, xa  que nos sirven de moita axuda para seleccionar o que poñemos en cada unha.

sábado, 30 de novembro de 2013

CANCIÓN PARA MALALA

Outra das actividades relacionadas con Malala foi a composición por parte de Daniel, o profe de música, da seguinte canción.

E esta é a letra:
MALALA

Á TÚA ESCOLA EN PAKISTÁN
NON CHE DEIXABAN ENTRAR
POR CONTARLLE A TODO O MUNDO
O QUE ALÍ ESTABA A PASAR

PERO TI FOSTES VALENTE
NON DEIXASTE DE FALAR
NIN CON TIROS DE PISTOLAS
CHE POIDERON CALAR

MALALA, MALALA
GRAZAS POR DEFENDERNOS
MALALA, MALALA
A VOZ DOS MÁIS PEQUENOS

No seguinte enlace a podedes escoitar:


Agardamos que vos animedes a cantala.

25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a partir da seguinte noticia publicada no xornal La voz de Galicia


Fixemos unha exposición na que cada neno/a fixo un bocadillo de comic sen palabras, simbolizando as voces apagadas que teñen moitos nenos e en especial as nenas, é dicir, simbolizando o silencio. 


 







E ademáis todos os nenos e nenas que o desexaron puideron escribir mensaxes e colocalo no espazo de viñetas interactivas.

  

  

  

  

 

xoves, 28 de novembro de 2013

OLLOS DE AULA


Na columna esquerda do blogue engadimos un novo enlace de interese, trátase da revista "OLLOS DE AULA. Revista para as familias do alumnado" que se encarga de elaborar mensualmente a Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística, e na que abordan diferentes temáticas de actualidade e interese para todos e en particular para as familias.


Aquí vos deixamos o último exemplar, pero podedes consultar os anteriores premendo na marxe esquerda en Ollos de aula. Agardamos que vos sirvan de axuda, vos permitan reflexionar,...

PARABÉNS PARA FINA CASALDERREY!!!

Dende o Recanto de Honorata queremos darlle a noraboa a Fina Casalderrey por esta nova etapa que empeza como nova académica da Real Academia Galega.



mércores, 20 de novembro de 2013

ONDE VIVEN AS PALABRAS?

Seguro que lembrades que unha das propostas para commemorar o día das bibliotecas escolares era elaborar un libro xigante no que cada neno/a servíndose dun bocadillo de comic respostaría á pregunta:
ONDE VIVEN AS PALABRAS?

E este é o resultado.