O título desta intervención artística na Comunidade de Medianos/as "PESPUNTO" fai referencia a un punto de costura ou bordado no que a agulla entra na tea un pouco antes do lugar por onde saíu, formando unha liña de puntos sucesivos ,sellemando crear un camiño de pegadas. Como dicía Paul Klee: “unha liña é un punto que camiña".
(Imaxes en branco e negro de Franz Erhard Walther)
Punto de partida: O punto de partida foi nun faladoiro onde nos cuestionamos onde podemos habitar, a posibilidade de habitar lugares e persoas...Como habitar é sinónimo vivir, querer, coidar… e é como nos relacionamos cos e cas demais e co noso entorno.
Obra referente:Diversos traballos do artista téxtil Franz Erhard Walther foron a obra referente, nos que vincula a diferentes persoas entre si ou a persoas co espazo mediante longas franxas de tea.
Intervención corporal e espacial: A intervención fixémola no patio da escola con teas previamente pintandas no Atelier. Estas teas foron nexos de unión que se traduciron en vinculacións moldeadas polo noso movemento e a nosa acción corporal individual e colectiva. Entra en xogo o equilibrio, a armonía de movementos, a busca de puntos de encontro e desencontro para crear formas que delimitan espazos en termos de inclusión, en xeito de relacionarnos e reunirnos... Habitarnos a nós mesmos/as e alimentar os lazos da pertenza.
Documentación gráfica da intervención "PESPUNTO" de Sabela Eiriz.
Moitas grazas Sabela por esta experiencia artística chea de sensibilidade e reflexión corporal!