A intervención artística feita pola artista habitante Sabela Eiriz na Comunidade de Maiores levou por título PALABRAS HABITADAS.
As imaxes que imos mostrar forman parte dun proceso artístico que neste momentos se está desenvolvendo e moldeando, polo tanto estamos falando da antesala, do "como se fixo".
Punto de partida: No ambiente de Sereas (Identidade de música e danza) leváronse a cabo diversos faladoiros sobre os dereitos dos nenos e das nenas. A partir destes elaboraron un inventario de palabras que nos suxerían e inspiraban.
Inventario da palabras:

LIBERDADE AMIZADE FAMILIA APRENDER DEREITOS SAÚDE XOGAR
DESCANSAR ROUPA PROTECCIÓN FELICIDADE ALIMENTACIÓN ESCOITAR
OPINAR DESCANSAR COIDADOS APRENDER FOGAR EDUCACIÓN EXPRESARSE
RESPECTO NATUREZA XUSTIZA PAZ
DESCANSAR ROUPA PROTECCIÓN FELICIDADE ALIMENTACIÓN ESCOITAR
OPINAR DESCANSAR COIDADOS APRENDER FOGAR EDUCACIÓN EXPRESARSE
RESPECTO NATUREZA XUSTIZA PAZ
...
Referente: A referente desta intervención foi Helena Almeida, artista portuguesa multidiscipliar que traballou coa performance, a fotografía e o vídeo, sendo moi interesante, tanto pola súa linguaxe corporal como conceptual. Ela traballaba co seu corpo, rexistrando fotográficametne as súas accións, e a miúdo interviña as fotografía posteriormente con pintura, creando os seus "Lenzos habitados". Noutros casos, acompañábaas de gravacións sonoras e de vídeo, explorando a relación entre o corpo humano e o espazo que a rodeaba.
Proposta: As palabras do inventario tomaron inicialmente forma musical. Posterioremente, levámolas a nós, indagando o que nos transmitian e buscando xeitos de expresalas mediante o noso corpo. No proceso, falamos e investigamos sobre as distintas maneiras que atopamos de expresar, se coincidimos, se hai partes do noso corpo durmidas, se hai partes que desexesan despertar pero atopan dificultades, se sentimos liberdade ou aduanas.

A intervención conxugou espazos persoais e espazos de encontro, fortuitos e buscados. Camiños trazados polo devagar da reflexión corpoal persoal e ronseis de andares compartidos.
A nosa maquillaxe escollida foi azul despois de sumerxirnos na obra de Helena Almeida.
Habitamos palabras, habitamos as nosas paisaxes erosionadas e as que aínda están por descubrir, articular e definir. Habitamos palabras nos diccionarios corporais que reinvindican os seus dereitos, como nenas, como nenos, como persoas. Habitamos a propia necesidade de HABITAR.