Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de xuño de 2023

ROTEIROS: POR AGUIÑO E SAN ROQUE.

No marco do proxecto "Ruralité"a Comunidade de Pequenos e Pequenas fixo uns roteiros pola parroquia de Aguiño e polo parque periurbano de San Roque.
 





A NATUREZA

Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe…!

O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.

A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador…!

A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man…!

(Manuel María)




sábado, 17 de xuño de 2023

CAMPAMENTO NA CASCADA. DESPEDIDA PARA UNHA NOVA ETAPA.

PRÓXIMA PARADA: SECUNDARIA.


Lembro a pureza dos meus soños.
O pasmo que me causaban
as estrelas.
As paisaxes que quedaron
nos meus ollos.
Os contos do avó.
A doce voz de miña nai.
As verbas de meu pai.
Os xogos compartidos
cos irmaos.
E tantas cousas fondas
que forman parte inseparábel
de min mesmo.

(Manuel María)


mércores, 7 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO. POLO CORREO DO VENTO E TANIA SOLLA.

A miúdo gozamos escoitando, cantando, escribindo, recitando, lendo...e hoxe DEBUXANDO á nosa querida ROSALÍA DE CASTRO. Dentro do marco do Plan Proxecta "Donas de sí" e da man de  "Polo correo do vento" e da ilustradora da colección de MULLERES GALEGAS Tania Solla, Rosalía de Castro visitounos en forma de ilustración e con ecos da súa biografía e obra. Moitas grazas Quique e Tania por achegarnos anaquiños do seu camiño de vida e de literatura!.

  "Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n’o sei,
quixera o poder andar"
  (Rosalía de Castro)







martes, 6 de xuño de 2023

QUE PRACIDAMENTE BRILAN! POESÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

 Con este poema de Rosalía de Castro, queremos sumarnos ás manifestacións de rexeitamento contra a violencia machista que deixa, día sí e día tamén, a crónica de asasinatos con nomes de muller.

(Diorama no corredor da nosa escola)

 

QUE PRACIAMENTE BRILAN!


 ¡Qué pracidamente brilan

o río, a fonte i o sol!

Cánto brilan..., mais non brilan

para min, non.


¡
Cál medran herbas e arbustos,

cál brota na árbor a frol!

Mais non medran nin frorecen

para min, non.


¡
Cál cantan os paxariños

enamoradas canciós!

Mais anque cantan, non cantan

para min, non.


¡
Cál a Natureza hermosa

sorrí a maio que a mimóu!

Mais para min non sorrí,

para min, non.


Si..., para todos un
pouco

de aire, de luz, de calor...

Mais si para todos hai,

para min, non.


¡E ben...!,
xa que aquí n'atopo

aire, luz, terra nin sol,

¿para min n'habrá unha tomba?

Para min, non. 

 

(Rosalía de Castro)

 


 

luns, 5 de xuño de 2023

RURALITÉ: PROXECTO "POETIZAR O POBO". CASTELAO

 

POETIZAR O POBO

 Grazas a este proxecto, un dos escritores que visitou este ano Aguiño, foi o noso admirado CASTELAO.

INVOCACIÓN A CASTELAO

Home cabal,
concencia comunal,
forte penedo
contra a noite i o medo,
trono
que nos tirou o sono
facéndonos acordar
e camiñar,
fe poderosa
que estea a patria nosa,
limpa aurora,
vida fecunda e creadora,
voz que berra
a verdade da Terra,
guieiro,
compañeiro
preciso como o pan,
tremor humán,
facho puro
alumando o escuro.
Castelao:
pai e irmao.
Verba de luz inxel:
¡Daniel!

(Manuel María)

 

mércores, 31 de maio de 2023

"PAISAXES HABITADAS, PAISAXES TRANSITADAS": SOMOS MAR.

"Palabras de brisa 

Rimar/non rimar

Palabras molladas

Palabras do mar"

(Antonio García Teijeiro)

 

 NA LONXA DE RIBEIRA (Comunidade de Medianos/as)



 
 

NA PRAIA DE COROSO (Comunidade de Medianos/as)

Deixame libre,
que quero ir ó mar;
Camiño de ida,
non vou regresar.
As ondas me leven
onde haxa un cantar.
Do barco dos soños,
serei capitán.
Arroaces mouros
miranme escoltar.
Seguirei da escuma
O louco bailar.
Dos portos que toque,
ningún saberá.
Deixádeme libre,
Que quero ir ó mar.

 

(Ana Mª Fernández)


FACENDO SURF NO VILAR (Comunidade de Maiores)

 Cando o vento agarimaba
ás ondiñas xoguetonas,
os peixiños prateados
dábannle forte ás zanfonas.
-Óllanos- dixo un cativo.
-Bícanos- dixo un segundo.
-Fainos cóxegas, ventiño, - dixo, mecoso,outro deles.
O vento abriu os seus brazos
cara ós peixes pequechiños.
Peixes e ondas fixeron
unha roda de aloumiños.
  
(Antonio García Teijeiro)
 

 




luns, 29 de maio de 2023

MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS, MAIO DE PAMPILLOS: MARGARIDA LEDO ANDIÓN E PILAR PALLARÉS.

 


 E con esta entrada rematamos  o MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS. Sobres amarelos, remitentes poetisas amarelas, arte postal con caligramas amarelo, escritoras amarelas na obra de Fernando Fernández del Riego, obra fotográfica de Sabela Eiriz para por na biblioteca...flores amarelas nos camiños da infancia. Súmase unha obra da artista galega María Antonia Dans dunha nena con flores amarelas.


 MARGARIDA LEDO ANDIÓN.

 

 “Facer cinema é intervir, ocupar o espazo público sen pedir permiso, darlle rostro ao velado”.

 “Canto á mirada feminista, un dos aspectos que me conmove é a creación dun ligame entre visión e tacto (…) É unha mirada que libera de tipos e estereotipos”.

 


 PILAR PALLARÉS.


 

Luz de setembro, 

sempre nun ritornello adolescente 

(novo do trinque o mundo 

nun planeta vello ). 

Luz baixo as perfebas de novembro, 

Ofelia adormecida na ribeira. 

Lagoa de cristal no ceu de Advento. 

Luz silenciosa 

pulando da raíz até os paxaros, 

inventando o verdor, 

criando marzo 

nas entrañas do tempo. 

Luz pura do verán: 

país da infancia.






martes, 23 de maio de 2023

RURALITÉ: POETIZAR, POETIZANDO.

 Hoxe estivemos colocando os carteis poéticos que estivemos pintando na escola. Na imaxe podemos observar o que puxemos de Gloria Fuertes no Mirador. Poesía camiñante por toda a parroquia, poesía que invita a ler e a sentir. Poesía do pobo. Poesía patrimonio. Poesía.