luns, 1 de maio de 2023

MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS, MAIO DAS XESTAS: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, ROSALÍA DE CASTRO E FRANCISCA HERRERA GARRIDO.

 



Iniciamos o mes de Maio e inaguramos o MAIO DAS LETRAS AMARELAS.

 Xestas, chorimas, mimosas,chuchameles, dentes de león, pampillos...Se observamos os campos e as flores silvestres das nosas paisaxes deste mes, podemos dicir que a cor predominante é o amarelo. Son flores amarelas que forman parte da nosa infancia: facendo colares, soprándoas, chuchándoas, covertindo as nosas mans en xarróns improvisados con ramos para agasallar...Son flores amarelas dos nosos camiños, dos nosos mapas, das nosas vidas.

Este é o mes das LETRAS GALEGAS, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego. Este escritor foi un dos impulsores de celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.Unha das súas obras é HISTORIA DA LITERATURA. Estudando o seu contido, observamos de xeito comparativo, a presenza minoritaria das mulleres escritoras galegas ( e/ou que escribiron en galego) ao longo da historia. Por esta razón queremos poñer en valor a obra de Férnadez del Riego e rescatalas, facendo que os seus nomes alumeen as nosas leiras, camiños, bosques...

 ROSALÍA DE CASTRO.


 
No ceo, azul crarísimo;
no chan, verdor intenso;
no fondo da alma miña,
todo sombriso e negro.
¡Qué alegre romaría!
¡Qué risas e contentos!
I os meus ollos en tanto
de bágoas están cheos.
Cubertos de verdura,
brillan os campos frescos,
mentras que a fel amarga
rebosa no meu peito.

FRANCISCA HERRERA GARRIDO.