Ao longo desta semana os corredores e os exteriores do centro convertíronse nunha INSTALACIÓN ARTÍSTICA, que é un xénero de arte contemporánea, na que os artistas normalmente empregan directamente o espazo de exposición e a miúdo o espectador pode interactuar e transitar pola obra.
O motivo deste traballo, que xurdiu do equipo de dinamización da lingua galega e no que participou todo o alumnado do centro, é facer visible e sensibilizarnos sobre a violencia de xénero.
Animávosvos a que pasedes polo centro a visitar a nosa instalación, pero para os que non o poidades facer, aquí vos deixamos algunhas imaxes, de todo o que podedes atopar:
-Exposición de panos de bágoas de desigualdade baseados na obra de Milo Lockett.
-Mulleres con nome propio.
-Exposición de obras de arte de distintos artistas onde aparecen mulleres chorando.
-Panel de reflexión: Que poden significar os panos?
-Obras elaboradas a partir da
reflexión de: que hai debaixo do sombreiro dunha persoa que maltrata?
Inspiración na obra de Karel Appel “nenos/as preguntando”.
E o mércores para commemorar o día, xuntámonos todos no patio co noso pano na man, para cantar a canción composta por Daniel, o mestre de música e logo cada neno colocou o seu pano no lugar que quixo.
TOMA O MEU PANO
Sénteste sola e asustada
Ninguén neste mundo comprende o que
te pasa
Pídeme axuda que te botarei un cable
TOMA, TOMA O
MEU PANO
NINGUÉN EN
NINGURES TE VOLVERÁ
FACER DANO
Aquí a podedes escoitar: