Numerosas postais van chegando á escola ofrecéndonos reflexións visuais, mensaxes a través de versos, de textos sobre diversas temáticas...: violencia machista, maltrato animal, teito de cristal, alimentación saudable, importancia da arte, da música...Na imaxe de arriba están expostas as postais que chegaron con distintos bodegóns de froitas e hortalizas. Fixemos obxectos artísticos, poesía visual a partir deles en botes de conserva. Seguimos dando as grazas a todas as persoas que nos están mandando postais: escolas de todas a etapas educativas, artistas, persoas sensibles coa arte...Moitas, moitas grazas!