Esta semana inaguramos a exposición de Arte Postal "Polo correo do vento".Poderase visualizar as distintas postais que foron chegando con mensaxes sobre diversos temas que foron pasando de man en man (carteiros/as, persoal de correos, conserxe, mestres/as, nenos/as...) ata chegar á nosa escola, sobre o feminismo, contaminación, arte...De aquí a finais de curso irán chegando máis, polo que se poderá visitar esta exposición interactiva varias veces para ir coñecendo as novas chegadas dende distintos puntos xeográficos. Na mesa de "Arte Postal" da biblioteca podedes crear as vosas propias postais, para enviar internamente á nosa escola ou a outras persoas que desexedes. Nesta entrada tedes información sobre Arte Postal.
Nesta presentación deixamos posibles fontes de inspiración para a creación das vosas postais: collage, frontaxe, esgrafiado...con referentes da historia da Arte.
Moitísimas grazas a todas as persoas sensibles, artistas, escolas de todas as etapas educativas (escolas de infantil, primaria, secundaria, universidades...), colectivos...que nos estades escribindo facendo deste proxecto unha ilusión feita realidade!