martes, 23 de maio de 2023

LINGUAXE VISUAL A TRAVÉS DA FOTOGRAFÍA: SEBASTIÂO SALGADO E A NATUREZA.

No ambiente da Editorial traballamos a linguaxe visual a través da fotografía, elaborando numerosos proxectos e preparando  exposicións sobre diversas temáticas: retratos, campañas sobre o feminismo...Na biblioteca da Editorial hai unha sección especializada en fotografía, ofrecéndonos distintos referentes. Entre outros, podemos atopar libros do artista brasileiro Sebastiào Salgado. Concretamente os títulos que mostramos teñen no obxectivo da súa cámara a NATUREZA.