Durante o terceiro trimestre a biblioteca recibiu, polas tardes, a visita de todos os nenos e nenas de sexto que en divididos en 3 grupos estiveron investigando, coa axuda de distintos mestres, sobre a diversidade funcional centrándose nos ámbitos: motórico, visual e auditivo.
Unha vez tiveron a información precisa fixeron unhas presentacións e unhas obras de arte interactivas para explicarlle a todos os nenos do cole, na I Semana da Diversidade e Orientación.
Dende o Recanto de Honorata, moitos parabéns aos investigadores e investigadoras polo traballo feito!!!!
Aquí vos deixamos unha fotos:
biblioteca de aguinho de Slidely by Slidely Slideshow
venres, 29 de maio de 2015
EXPOSICIÓN
Na biblioteca atópanse expostos os materiais sobre o San Jordi e o seu proxecto da Idade Media, que recibimos do colexio de Lleida.
TRENZAS
É un proxecto, no que as diferentes manifestacións artísticas están moi presentes: escultura, graffiti, teatro, pintura,..., que desenvolvemos ao longo de todo o curso cun colexio de Lleida e outro de Valencia.
Algunhas das dinámicas, exposicións,... desenvolvéronse na biblioteca e noutras participou o equipo de biblioteca. Premendo nas imaxes e coñecerás algunhas delas:
FAMILIAS CONTACONTOS!!!
Con motivo da celebración do día do libro, o 23 de abril, algunhas titorías decidiron convidar ás familias para que viñesen ao colexio a contarlle un conto,... aos seus fillos e compañeiros.
Foron moitas as familias que durante o mes de maio se animaron, dende o Recanto de Honorata agradecemos a súa participación e agardamos que gozasen da experiencia.
Aínda que viñeron moitas, aquí vos deixamos unha pequena mostra:
domingo, 17 de maio de 2015
17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
Esta celebración foi instuída en 1963 pola Real Academia Galega, que se encarga de de escoller cada ano un persoeiro, para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego oun pola súa defensa.
A data de celebración, o 17 de maio, débese a que tal día como ese en 1863, publicouse en Vigo, o primeiro exemplar da obra Cantares galegos de Rosalía de Castro, que marcaría o renacemento do Rexurdimento cultural galego.
venres, 8 de maio de 2015
COMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?
No blog da biblioteca do Ceip Sofía Casanova, atopamos este recurso que nos ensina a aprender a valorar os contidos das páxinas webs, xa que non toda a información que atopamos é de fiar...
Dende o Recuncho de Honorata, parabéns polo traballo feito e grazas por compartilo.
Dende o Recuncho de Honorata, parabéns polo traballo feito e grazas por compartilo.
sábado, 2 de maio de 2015
APADRIÑAMENTO E AMADRIÑAMENTO LECTOR
O día 23 de abril, como en cursos anteriores, celebrámolo co apadriñamento e amadriñamento lector no que os nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria lle contaban un conto aos nenos de infantil e 1º de primaria, no lugar do centro que lles gustase.
Aquí vos deixamos unhas fermosas imaxes do día:
Aquí vos deixamos unhas fermosas imaxes do día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)