venres, 19 de maio de 2023

PAQUETE POSTAL: RETRATO DE NENA INSPIRADA EN TIÉBÉLÉ.

 

Dende o concello de Nigrán chéganos un paquete postal cunha caixa que nos invita a reflexionar sobre a cor da pel das persoas. No seu interior un retrato dunha nena negra inspirada no poboado de Tiébélé. Esta obra de arte pasará a formar parte do Punto Heroínas do ambiente de Construcións (identidade lóxica-matemática). Moitas grazas Celeste Garrido pola túa intersante aportación ao noso proxecto de "Tiébélé: mulleres esdrúxulas".