venres, 28 de abril de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Luns, 24 de abril.



Martes, 25 de abril.



Mércores, 26 de abril.



Xoves, 27 de abril.




Venres, 28 de abril.



25 DE ABRIL: RECIBIMOS A VISITA DE LAURA BUGALHO



O pasado martes 25 de abril, dentro das actividades programadas durante a "III Semana da Diversidade e Orientación", visitounos a activista Laura Bugalho


O motivo da súa visita é pola súa conexión co contido do "Proxecto Nenúfares: Diversidade Afectivo-Sexual" e a "Semana da Diversidade", xa que entre as diversas causas nas que está implicada, Laura Bugallo é unha destacada activista LGTBI e transfeminista. 

A comunidade educativa do CEIP Heroínas de Sálvora agradece a súa presenza no centro, durante a que compartiu con grandes e pequenos como foi e cómo é a súa vida actualmente, os atrancos que foi superando, cómo o foi facendo,... A xornada estivo organizada en varias sesións de conversa dirixidas aos nenos das distintas comunidades e tamén ás familias do noso alumnado.

24 de ABRIL: RUBÉN RIÓS E ÓSCAR RODRÍGUEZ

Este curso estamos inmersos no Proxecto Aula I+I, que nos permitiu coñecer o proxecto "Vida":

Un ano de ensaios co director do proxecto VIDA Rubén Riós, ao carón dun colectivo de persoas con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo do que son capaces, foi o detonante para levar a cabo a realización de dúas grandes obras audiovisuais tomando como base o espírito de unión e o traballo en equipo.
“Máis ca Vida” é un documental que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea a estas persoas.
O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe en ligazón aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… aos seus sentimentos.
Pouco despois de coñecer en profundidade as inquedanzas dos nosos protagonistas,  o documental contribúe a plasmar en papel todo aquilo que dunha maneira indirecta axuda á creación das tramas do guión de “Vida”, unha obra de ficción creada por e para eles.
A obra de ficción “Vida”, unha mistura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual deste grupo, que entrelazadas a un reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferenzas sociais existentes invitando ao público á reflexión.
Estes dous proxectos estreitamente ligados ofrecen un formato pioneiro que transportará ao público a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man.
Como o proxecto nos gustou moito decidimos fusionar o Proxecto Aula I+I e a III Semana da Diversidade e Orientación, e organizar a visita de Rubén e Óscar.
A súa visita estivo organizada en dúas sesións para o alumnado de primaria (organizado na comunidade dos medianos e na comunidade dos maiores) e outra sesión dirixida ás familias. Ao longo das mesmas contáronnos cómo se desenvolveu o proxecto, cómo se sentiron, que querían transmitir,... todo acompañado de moita paixón, sensibilidade e sentimento.
 
A comunidade educativa do CEIP Heroínas de Sálvora agradece de corazón a vosa visita, por todo o que nos fixéchedes sentir e dámosvos os parabén por este traballo tan ben feito!!!

domingo, 23 de abril de 2017

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

Coa chegada da commemoración do "Día do Libro", volvemos a organizar o "APADRIÑAMENTO LECTOR". Esta actividade consiste en que os nenos e nenas de 2º a 6º de Educación Primaria len un conto aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria no lugar que escollan do centro: patio, corredores, biblioteca,... Como este curso o 23 de abril coincide en domingo, desenvolvemos a actividade o venres 21 de abril.

Outra das actividades que propoñemos e invitar ás familias a que veñan ao centro a contar un conto á aula dos seus fillos. Aproveitamos dende aquí para animarvos a que veñades e gocedes desta lectura compartida.

De seguido vos deixamos algunhas imaxes do Apadriñamento Lector.

biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow

venres, 21 de abril de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Martes, 18 de abril.



Mércores, 19 de abril.



Xoves, 20 de abril.



Venres, 21 de abril


mércores, 19 de abril de 2017

luns, 17 de abril de 2017

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO





Un ano máis o equipo de biblioteca propón unha actividade que nos derradeiros anos tivo moito éxito: "O Apadriñamento Lector". Esta actividade terá lugar o venres 21, e consiste na lectura dun libro durante o recreo por parte das nenas e nenos de 2º a 6º que se convertirán en padriños lectores dos nenos e nemas de 1º e de infantil. Para facer esta lectura os nenos e nenas colocaranse no lugar que máis lle agrade: patio, corredores, biblioteca,... 

Ademáis disto, volvemos a abrir as portas das aulas, para que todas as familias que o desexen veñan a contar un conto, historia,... aos seus fillos/as e compañeiros da aula.

venres, 7 de abril de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Luns, 3 de abril.



Martes, 4 de abril.



Mércores, 5 de abril.



Xoves, 6 de abril.



Venres, 7 de abril.

luns, 3 de abril de 2017

3 DE ABRIL: CLUBE DE LECTURA TERROR EN WINNIPEG

Hoxe fixemos a primeira xuntanza para comenzar a lectura do libro, e así vai a quedar a súa distribución da súa lectura e das datas de xuntanza.