Os nenos e nenas da Comunidade de Medianos/as seguen agasallando cas súas lecturas de diversos libros escollidos con moito mimo, ós nenos e nenas da Comunidade de Pequenos/as.
venres, 28 de abril de 2023
CLUBE DE VOLUNTARIADO LECTOR "AMORA". COMPARTINDO LECTURAS.
xoves, 27 de abril de 2023
A BIBLIOTECA COMO OBSERVATORIO DE PAXAROS.
A biblioteca pode convertirse nun OBSERVATORIO de moitos obxectos de estudo. Este curso, relacionado co proxecto de innovación e cunha das nosas festividades favoritas A CANDELORIA, a nosa convertiuse nun observatorio de PAXAROS. Buscamos información en distintos tipos de libros, contos, xogos de mesa, paxaros de xoguetes con sons reais...
"PROXECTO HUMANAE" DE ANGÉLICA DASS.
Enmarcada no Proxecto "Tiébélé:mulleres esdrúxulas" coñecemos o proxecto Humanae da artista brasileira Angélica Dass. A súa obra sobre as distintas cores da pel enriquece a nosa reflexión sobre a diversidade e a necesidade de mudar a denominación COR CARNE por COR NÁPOLES,que é realmente como se debe chamar de xeito correcto e universal esta cor. Sendo deste xeito máis respetuosos/as coa diversidade e buscando facer deste mundo un lugar máis habitable.
Na nosa escola estamos facendo diversas accións para reflexionar sobre a diversidade a través das cores da pel: lecturas de contos, visualización de referentes de artistas que traballan a pel con distintas cores...Hoxe centrámonos na extraordinaria obra de Angélica Dass a través da fotografía de gran cantidade de persoas que demostra que non existe a mal chamada "cor carne".
FOTOLIBRO DE ANGÉLICA DASS DO PROXECTO HUMANAE.mércores, 26 de abril de 2023
SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS FOTOLIBROS CON SABELA EIRIZ: REFERENTES, OBRAS, ARTIGOS PARA INVESTIGAR...
Seguimos conversando con Sabela Eiriz (Artista Habitante) para coñecer máis en profundidade o mundo dos FOTOLOLIBROS e adentranos nas súas entrañas:
Algún/as artistas que traballan con fotolibros son:
- Rinko Kawauchi
- Edward Ruscha
- Cristina de Midell
- Martin Parr
- Laura Carrascosa Vela
- David Jiménez
- Gloria Oyarzábal
- Federico Clavarino
Algúns exemplos de FOTOLIBROS?
Exemplos:
This equals that de Jason Fulford e Tamara Shopsin
https://jotabarros.com/libro-fotografia-callejera-this-equals-that/
https://www.youtube.com/watch?v=o5eAoiOUVTE
Todo en un museo de Katy Couprie e Antonin Louchard
Die Ganze Welt de Katy Couprie e Antonin Louchard
Os libros de Katy Couprie e Antonin Louchard non teñen texto. Compóñense de moitísimas imaxes que vemos combinadas en cada doble páxina.
Ciccì Coccò de Bruno Munari e Enzo Arnone
Combínanse fotografías de escenas de nenos de Enzo Arnone con breves textos escritos por Bruno Munari. É un dos primeiros fotolibros para nenos/as.
Supplemento al dizionario italiano de Bruno Munari
Un “diccionario” de xestos no que Munari mostra mediante fotografías e breves frases a linguaxe non verbal.
Outros fotolibros interesantes:
Como la casa mía de Laura C. Vela
https://www.dalpine.com/es/products/como-la-casa-mia-laura-c-vela
Y tú, ¿por qué eres negro? de Rubén H. Bermúdez
https://www.rubenhbermudez.com/y-tu-por-que-eres-negro-and-you-why-are-you-black
“You can call me Nana” de Will Harris
https://dispara.org/tienda/es/inicio/1983-you-can-call-me-nana-will-harris.html
Que ARTIGOS nos recomendas para seguir investigando?
Artigos para investigar sobre o tema:
“¿Es un libro?, ¿es un álbum de fotos?, ¿una revista? ¡Es un fotolibro!”
https://www.elsaltodiario.com/fotografia/libro-album-fotos-revista-fotolibro
“¿Qué es un fotolibro y qué no?”
https://www.monmagan.com/publicar/fotolibro/
“Fotolibros para niños: narrativa en imágenes”
https://e-lur.net/articulos/fotolibros-para-ninos-narrativa-en-imagenes/
“Fotolibros mudos para niños: historias secretas”
https://e-lur.net/articulos/fotolibros-mudos-para-ninos-historias-secretas/
(Fotografías de Sabela Eiriz na Comunidade de Medianos/as visualizando distintos fotolibros)
"CÓNTOCHE UN TRAXE" NO MUSEO MUNICIPAL DE RIBEIRA. ABRIL DOS LIBROS.
A semana pasada a Comunidade de maiores visitou o Museo Municipal de Ribeira asistindo á actividade "Cóntoche un traxe", organizado polo Concello, dentro do marco de "Abril dos Libros".
Tivemos a oportunidade de facer unha viaxe na historia a través dos distintos traxes tradicionais. Este obradoiro foi desenvolto por Monste Rivera (Leilía).
Moitas grazas Monste por compartir os teus coñecementos sobre a nosa cultura con nós!
MÁIS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA SEGUIR REFLEXIONANDO SOBRE A DIVERSIDADE DA COR DA PEL.
martes, 25 de abril de 2023
25 DE ABRIL SEMPRE! A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS, A REVOLUCIÓN DA LIBERDADE.
"No 25 de abril, o pais acordou para uma diferente. A liberdade era uma coisa noiva. A liberdade é frágil. Ten muitos inimigos. É como uma flor, que tem de ser muito bem cuidada, para nao ficar murcha. Essa é a maior leçao do 25 de abril. Quando os outros decidem por nós, nao somos livres" Autor: Pedro Olavo Simoes do conto A flor de abril".
Hoxe celebramos unha data moi especial para nós, o 25 de Abril, día da Revolución dos caraveis. Toda a escola énchese desta flor como símbolo de revolución e liberdade. No timbre musical escoitamos "Grândola Vila Morena", himno que nos recorda cada ano, que en cada esquina pode haber un amigo. 25 de Abril, sempre!
VIDEO EXPLICATIVO DO 25 DE ABRIL.