Daniel, un profe do CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira, asistiu a semana pasada (o 8 de xuño) ao centro, para compartir con 4º, 5º e 6º de primaria uns relatos de Castelao.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da sesión:
domingo, 12 de xuño de 2016
BIBLIOPATIO
Dende o 9 de xuño, a biblioteca conta cun novo servizo, o bibliopatio. Trátase dun carriño que se sacará cada día ao patio e que contén diferentes fondos que os nenos e nenas poderán coller no tempo de recreo e desfrutar deles ao aire libre.
Agardamos que teña unha boa acollida por todo o alumando do centro.
SOÑOS NA GAIOLA
Títeres Alakrán, representou no centro unha adaptación de: "Os soños na gaiola", que constitúe unha homenaxe a Manuel María, un xeito distinto de achegar a súa palabra poética, grazas aos recursos escénicos e dramatúrxicos que proporciona o teatro de títeres. Na obra, o propio Manuel María transfórmase e monicreque para interacturar cos nenos e nenas. Destaca ademáis a forte presenza da música, grazas a cal poemas como O soñador, Galicia ou O Río convértense en cancións.
FAMILIAS CONTACONTOS
Como xa sabedes a partir do 23 de abril, día do libro, cada aula recibiu a visita de moitas familias que nos viñeron a contar contos, historias,... aquí vos deixamos as fotos de algunhas das familias de 4º.
30 DE MAIO AO 3 DE XUÑO: II SEMANA DA DIVERSIDADE E ORIENTACIÓN.
Este ano, por segundo ano consecutivo o Departamento de Orientación do centro organiza unha semana moi especial, xa que está cargada de diferentes actividades, actuacións,... nas que participamos mestres e alumnos do CEIP Heroínas de Sálvora, da Asociación Amicos e da Asociación Ámbar.
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow
De seguido compartimos con vós algunas imaxes das diferentes actividades:
OBRADOIROS EN GRUPOS MIXTOS:
- CONTO ADAPTADO:
- XINCANA DE XOGOS:
- SURPRISE CRAKER:
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow
- UN MUNDO DE SENSACIÓNS:
- O PARAUGAS:
PHOTOCALL:
ACTUACIÓNS MUSICAIS:
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow
CERIMONIA DO TÉ CON LARUSSI:
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow
SESIÓNS DE IOGA (para alumnado, familias e mestres):
biblioteca de aguinho's Slidely by Slidely Slideshow
OBRADOIRO COAS FAMILIAS: CARACOIS

sábado, 11 de xuño de 2016
CLUBE DE LECTURA: VIC E BOMBONA
Aquí vos deixamos unhas imaxes da última sesión do clube de lectura, no que recibimos a visita de Sara Barreiro, a autora do libro, que veu acompañada da súa cadela que é na ficción sería Bombona, a protagonista do libro. E tamén podedes ver o mural que foron elaborando a medida que lían o libro.
Agardamos que o curso que ven poidamos gozar de novas historias e pasar tan bos momentos como os que pasamos este curso a través dos tres libros escollidos.
Dende o Recanto de Honota agradecemos a súa visita a Sara e tamén a participación
dos nenos e nenas, xa que sin eles o clube non existiría.
Agardamos que o curso que ven poidamos gozar de novas historias e pasar tan bos momentos como os que pasamos este curso a través dos tres libros escollidos.
luns, 6 de xuño de 2016
PALABRAS DA SEMANA
E rematado o mes de maio é momento de ir pechando os proxectos e actividades iniciados, así que con estas dúas palabras concluímos a actividade "Portal das Palabras" do curso 2015/16.
LUNS 30 DE MAIO.
MARTES 31 DE MAIO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)