Esta semana tivemos unha charla sobre distintas cuestións relacionadas co desenvolvemento afectivo-sexual: autestima, emocións, autocoidado, responsabilidade, etc. Grazas Belén e Juan Carlos, por aportanos recursos para comprender a sexualidade e a afectividade como uns aspectos máis da vida, para comprendelo e sentilo como un proceso básico no noso desenvolvemento persoal e social. Grazas por aportarnos coñecementos e reflexións para autocoñecernos, coñecernos e respetarnos dende a aceptación da diversidade.
sábado, 17 de xuño de 2023
CHARLA "TICS, DESENVOLVEMENTO AFECTIVO-SEXUAL" CON BELÉN MONTESA E JUAN C. PERMUY.
luns, 5 de xuño de 2023
XOGANDO COAS AVOAS DE AGADEA: PALABRAS, IMAXES E EXPERIMENTOS.
O venres, ademais de facer unha obra de teatro para as avoas de AGADEA, estivemos xogando con elas a adiviñar palabras e fixemos experimentos con tintas de cores en Pachamama (Identidade científica). Entregámoslle un agasallo para que xoguen cos seus compañeiros e compañeiras de AGADEA. Trátase dun xogo de memoria para asociar palabras e imaxes feito por nós con todo o agarimo do mundo.
venres, 26 de maio de 2023
XOGOS DE RODA: XOGOS DE INFANCIA QUE DEIXAN OS SEUS ECOS NOS PATIOS DAS ESCOLAS.
Hai xogos que aparentemente pasan desapercibidos pola súa cotianiedade. Sen embargo,para nós, os xogos de roda son parte da nosa identidade. Son rodas de grupos mixtos que equilibran as súas forzas para crear unha harmonía corporal e de sons a través das cancionciñas (tradicionais, inventadas...). Imos recollendo estas peciñas musicais dentro do Proxecto "Roda, rodando...ata a Capela voando". Títulos coma: Peido de lobo, Bruxa Bruxeira, Avelá...forman parte dos nosos pentagramas.
mércores, 24 de maio de 2023
RECOMENDACIÓN DE LECTURAS A TRAVÉS DA RADIO DA EDITORIAL.
Este curso no autocolante do Día do Libro, podiamos ler unha frase de Ana Frank, onde nos falaba da gran importancia dos libros. Dende a radio da Editorial comentan este libro escrito coma un diario. Recomendamos esta edición escrita en galego.
mércores, 10 de maio de 2023
MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS: " A VOLTA AO MUNDO DE HISTORIAS E CONTOS" DE "POLO CORREO DO VENTO". FAMILIAS E LECTURAS.
"Polo correo do vento" a través da súa actuación " A volta ao mundo de historias e contos"encheu a biblioteca de literatura, notas musicais, xestos e ilustracións. Cando se fusionan varias linguaxes (oral, corporal, plástica, musical...) os relatos convírtense en pasaportes para vivilas e sentilas dende o latexo da nararración. Da man de Pancho percorremos mares e montañas, subliñando o papel da emigración do noso pobo galego. As postais e os selos (por exemplo de Rosalía de Castro) como parte integrante das historias conectaron co no noso proxecto de "Arte postal, arte en movemento". Autores como Manuel María, Aquilino Iglesias...estiveron nos pentagramas poéticos das cancións que se interpretaron situándonos en distintos puntos xeográficos (EEUU, México...), foi un paseo por estas paisaxes habitadas, por estas paisaxes transitadas para familias e nenos/as.
Moitas grazas compañeiros Antón, Carlos e Quique, de "Polo correo do vento" por compartir con nós estas historias cheas de conexións coa nosa cultura e identidade galega, tecidas con tanto agarimo e ilusión!.
sábado, 6 de maio de 2023
EXPOSICIÓN DAS OBRAS CREADAS NOS OBRADOIROS DA IMPRENTA NÓMADA DE ALOUETTE MACHINE.ARTE POSTAL.
mércores, 3 de maio de 2023
INTERVENCIÓN ARTÍSTICA CON SABELA EIRIZ NA COMUNIDADE DE MEDIANOS/AS: "PESPUNTO"
O título desta intervención artística na Comunidade de Medianos/as "PESPUNTO" fai referencia a un punto de costura ou bordado no que a agulla entra na tea un pouco antes do lugar por onde saíu, formando unha liña de puntos sucesivos ,sellemando crear un camiño de pegadas. Como dicía Paul Klee: “unha liña é un punto que camiña".
(Imaxes en branco e negro de Franz Erhard Walther)
Punto de partida: O punto de partida foi nun faladoiro onde nos cuestionamos onde podemos habitar, a posibilidade de habitar lugares e persoas...Como habitar é sinónimo vivir, querer, coidar… e é como nos relacionamos cos e cas demais e co noso entorno.
Obra referente:Diversos traballos do artista téxtil Franz Erhard Walther foron a obra referente, nos que vincula a diferentes persoas entre si ou a persoas co espazo mediante longas franxas de tea.
Intervención corporal e espacial: A intervención fixémola no patio da escola con teas previamente pintandas no Atelier. Estas teas foron nexos de unión que se traduciron en vinculacións moldeadas polo noso movemento e a nosa acción corporal individual e colectiva. Entra en xogo o equilibrio, a armonía de movementos, a busca de puntos de encontro e desencontro para crear formas que delimitan espazos en termos de inclusión, en xeito de relacionarnos e reunirnos... Habitarnos a nós mesmos/as e alimentar os lazos da pertenza.
Documentación gráfica da intervención "PESPUNTO" de Sabela Eiriz.
Moitas grazas Sabela por esta experiencia artística chea de sensibilidade e reflexión corporal!






















.








