As bolboretas poden ser metáforas de infinidade de pensamentos e sentimentos. Hoxe son bolboretas de Arte Postal que voarán con mensaxes de bálsamo ata as mans de avós e avoas. Son bolboretas con ás de sensibilidade que voarán ata unha escola da vida.
sábado, 17 de xuño de 2023
ARTE POSTAL E BOLBORETAS.
mércores, 14 de xuño de 2023
luns, 12 de xuño de 2023
ARTE POSTAL E TOMA DE DECISIÓNS.
Unha das cuestións máis difíciles na vida é tomar decisións. Neste proxecto de "Arte Postal, Arte en movemento", a toma de decisións foi unha constante: a qué colectivo con compromisos sociais escribimos? ( protectora de animais?, asociación cultural?, centros de persoas con drogodependencia?, coidado de maiores?, asociación ecoloxista?, asociación feminista?, etc) como deseñamos a nosa peza artística para ser enviada e que vaia deixando un ronsel antes de chegar ós/ás destinatarios/as?, que material utilizamos?, utilizamos sobre? non utilizamos sobre? etc, e non só é tomar decisións a nivel individual, senón que temos que buscar puntos de encontro nos equipos de traballo: cando nos documentamos, cando debatimos, cando DECIDIMOS!

xoves, 8 de xuño de 2023
A ARTISTA MONA HATOUM CHEGA Á NOSA ESCOLA A TRAVÉS DA " ARTE POSTAL"
Hoxe chegounos unha postal de Teo agasallándonos cunha obra da artista Mona Hatoum e coas fotografías das intervencións artísticas dos nenos e das nenas inspiradas nela. Moitísimas grazas!














































