Amosando publicacións coa etiqueta REFERENTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta REFERENTES. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de xuño de 2023

A ARTISTA MONA HATOUM CHEGA Á NOSA ESCOLA A TRAVÉS DA " ARTE POSTAL"

 Hoxe chegounos unha postal de Teo agasallándonos cunha obra da artista Mona Hatoum e coas fotografías das intervencións artísticas dos nenos e das nenas inspiradas nela. Moitísimas grazas!



mércores, 7 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO. POLO CORREO DO VENTO E TANIA SOLLA.

A miúdo gozamos escoitando, cantando, escribindo, recitando, lendo...e hoxe DEBUXANDO á nosa querida ROSALÍA DE CASTRO. Dentro do marco do Plan Proxecta "Donas de sí" e da man de  "Polo correo do vento" e da ilustradora da colección de MULLERES GALEGAS Tania Solla, Rosalía de Castro visitounos en forma de ilustración e con ecos da súa biografía e obra. Moitas grazas Quique e Tania por achegarnos anaquiños do seu camiño de vida e de literatura!.

  "Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n’o sei,
quixera o poder andar"
  (Rosalía de Castro)







CRIATURAS DO SURREALISMO DE MANUEL AYASO.

 Manuel Ayaso segue estando moi presente no noso día a día. Nos ambientes temos espazos, recursos...con distintas conexións culturais. No Atelier (Identidade Artística. Comunidade de pequenos/as) este curso aumentamos as pezas da colección de CRIATURAS DO SURREALISMO de MANUEL AYASO. Son criaturas fantásticas, cheas de relatos e cóxegas.

  




luns, 5 de xuño de 2023

RURALITÉ: PROXECTO "POETIZAR O POBO". CASTELAO

 

POETIZAR O POBO

 Grazas a este proxecto, un dos escritores que visitou este ano Aguiño, foi o noso admirado CASTELAO.

INVOCACIÓN A CASTELAO

Home cabal,
concencia comunal,
forte penedo
contra a noite i o medo,
trono
que nos tirou o sono
facéndonos acordar
e camiñar,
fe poderosa
que estea a patria nosa,
limpa aurora,
vida fecunda e creadora,
voz que berra
a verdade da Terra,
guieiro,
compañeiro
preciso como o pan,
tremor humán,
facho puro
alumando o escuro.
Castelao:
pai e irmao.
Verba de luz inxel:
¡Daniel!

(Manuel María)

 

sábado, 3 de xuño de 2023

PAISAXES DE LUIS SEOANE E REFLEXIÓNS ARTÍSTICAS.

 

"ELIXO SÓ UNHA MESTRA: A NATUREZA" -Rembrant-







 

venres, 2 de xuño de 2023

O ESCRITORIO DE MALALA NO AMBIENTE DE PALABRAS: UN ESPAZO PARA CREAR E REINVINDICAR.

No ambiente de Palabras (Identidade Lingüística na Comunidade de Pequenos/as) atópase o escritorio de Malala. Un espazo adicado ó dereito das  nenas á educación, xa que somos coñecedores/as de como moitas rapazas no mundo están privadas deste dereito fundamental polo feito de nacer NENAS.






 

xoves, 1 de xuño de 2023

PAISAXES NA OBRA DE COLMEIRO. REFLEXIÓNS ARTÍSTICAS.

“A RIQUEZA QUE ALCANZO VEN DA NATUREZA, A FONTE DA MIÑA INSPIRACIÓN”.

-Monet-

 


 


PUNTO HEROÍNAS "ÁNXELES ALVARIÑO" NO AMBIENTE DE NATUREZA.

 Este curso salientamos relacionado co proxecto de Tiébélé, no Punto Heroínas "Ánxeles Alvariño" o libro de "Mujeres negras en la ciencia" de Zinthia Palomino y Nina Sefcik.


luns, 29 de maio de 2023

"VOLVERÁS, GOLFIÑO". REMATAMOS O LIBRO DE ANDREA MACEIRAS. PECHAMOS O CLUBE DE LECTURA "MEDIO PAN" ESTE CURSO.

 "Volverás, Golfiño",foi un libro que encheu a biblioteca de misterios con sabor a salitre inspirados en historias reais da nosa costa.Puidemos sentir a resonancia do son dun faro, como ecos na néboa, alumeaban as páxinas e nos invitaban a ser naufragos/as das letras.

Como despedida do clube de lectura "Medio Pan", fixemos unha xoia-amuleto que ven podería levalo Iris nesta obra da escritora galega, Andrea Maceiras. A rosa do vento marca rumbos de lendas que aniñan xa no noso imaxinario. A rosa do vento e a canción tradicional "Alumea" interpretada por Sonia Lebedynski, acompañaranos nas bibliotecas persoais que pouco a pouco van habitando as nosas vidas.









ALUMEA

 ALUMEAME ALUMEA

ESTRELIÑA DA FORTUNA
ALUMEAME ALUMEA
MENTRAS QUE NON SAIA A LÚA.

ALUMEAME ALUMEA
ESTRELIÑA DA FORTUNA
ALUMEAME ALUMEA
MENTRAS QUE NON SAIA A LÚA.

O CANTAR DO ARRIEIRO
É UN CANTAR MOI BAIXIÑO
CANDO CANTA EN RIBADAVIA
RESOA NO CARBALLIÑO.

POR TI AGARDO NO TORREIRO
IMOS XUNTOS EMBARCARE
VOU CONTIGO MARIÑEIRO
BOTEI AO VENTO UN CANTARE.
VOU CONTIGO MARIÑEIRO
TRAVESÍA DOS CEN MARES

 
Letra: Tradicional / Sonia Lebedynski


MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS, MAIO DE PAMPILLOS: MARGARIDA LEDO ANDIÓN E PILAR PALLARÉS.

 


 E con esta entrada rematamos  o MAIO DAS LETRAS GALEGAS AMARELAS. Sobres amarelos, remitentes poetisas amarelas, arte postal con caligramas amarelo, escritoras amarelas na obra de Fernando Fernández del Riego, obra fotográfica de Sabela Eiriz para por na biblioteca...flores amarelas nos camiños da infancia. Súmase unha obra da artista galega María Antonia Dans dunha nena con flores amarelas.


 MARGARIDA LEDO ANDIÓN.

 

 “Facer cinema é intervir, ocupar o espazo público sen pedir permiso, darlle rostro ao velado”.

 “Canto á mirada feminista, un dos aspectos que me conmove é a creación dun ligame entre visión e tacto (…) É unha mirada que libera de tipos e estereotipos”.

 


 PILAR PALLARÉS.


 

Luz de setembro, 

sempre nun ritornello adolescente 

(novo do trinque o mundo 

nun planeta vello ). 

Luz baixo as perfebas de novembro, 

Ofelia adormecida na ribeira. 

Lagoa de cristal no ceu de Advento. 

Luz silenciosa 

pulando da raíz até os paxaros, 

inventando o verdor, 

criando marzo 

nas entrañas do tempo. 

Luz pura do verán: 

país da infancia.