Nos retratos da ilustradora Coco Dávez podemos atopar retratos coa pel de moitas cores. Cores moitas veces esquecidos na nosa paleta de pintores e pintoras, prohibida nos cadernos da infancia.
luns, 22 de maio de 2023
COCO DÁVEZ: SOMOS VERDES, AZUIS, MARRÓNS...SOMOS DE CORES.
mércores, 3 de maio de 2023
INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ARTE POSTAL: "POLO CORREO DO VENTO".
Esta semana inaguramos a exposición de Arte Postal "Polo correo do vento".Poderase visualizar as distintas postais que foron chegando con mensaxes sobre diversos temas que foron pasando de man en man (carteiros/as, persoal de correos, conserxe, mestres/as, nenos/as...) ata chegar á nosa escola, sobre o feminismo, contaminación, arte...De aquí a finais de curso irán chegando máis, polo que se poderá visitar esta exposición interactiva varias veces para ir coñecendo as novas chegadas dende distintos puntos xeográficos. Na mesa de "Arte Postal" da biblioteca podedes crear as vosas propias postais, para enviar internamente á nosa escola ou a outras persoas que desexedes. Nesta entrada tedes información sobre Arte Postal.
Nesta presentación deixamos posibles fontes de inspiración para a creación das vosas postais: collage, frontaxe, esgrafiado...con referentes da historia da Arte.
Moitísimas grazas a todas as persoas sensibles, artistas, escolas de todas as etapas educativas (escolas de infantil, primaria, secundaria, universidades...), colectivos...que nos estades escribindo facendo deste proxecto unha ilusión feita realidade!
mércores, 26 de abril de 2023
SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS FOTOLIBROS CON SABELA EIRIZ: REFERENTES, OBRAS, ARTIGOS PARA INVESTIGAR...
Seguimos conversando con Sabela Eiriz (Artista Habitante) para coñecer máis en profundidade o mundo dos FOTOLOLIBROS e adentranos nas súas entrañas:
Algún/as artistas que traballan con fotolibros son:
- Rinko Kawauchi
- Edward Ruscha
- Cristina de Midell
- Martin Parr
- Laura Carrascosa Vela
- David Jiménez
- Gloria Oyarzábal
- Federico Clavarino
Algúns exemplos de FOTOLIBROS?
Exemplos:
This equals that de Jason Fulford e Tamara Shopsin
https://jotabarros.com/libro-fotografia-callejera-this-equals-that/
https://www.youtube.com/watch?v=o5eAoiOUVTE
Todo en un museo de Katy Couprie e Antonin Louchard
Die Ganze Welt de Katy Couprie e Antonin Louchard
Os libros de Katy Couprie e Antonin Louchard non teñen texto. Compóñense de moitísimas imaxes que vemos combinadas en cada doble páxina.
Ciccì Coccò de Bruno Munari e Enzo Arnone
Combínanse fotografías de escenas de nenos de Enzo Arnone con breves textos escritos por Bruno Munari. É un dos primeiros fotolibros para nenos/as.
Supplemento al dizionario italiano de Bruno Munari
Un “diccionario” de xestos no que Munari mostra mediante fotografías e breves frases a linguaxe non verbal.
Outros fotolibros interesantes:
Como la casa mía de Laura C. Vela
https://www.dalpine.com/es/products/como-la-casa-mia-laura-c-vela
Y tú, ¿por qué eres negro? de Rubén H. Bermúdez
https://www.rubenhbermudez.com/y-tu-por-que-eres-negro-and-you-why-are-you-black
“You can call me Nana” de Will Harris
https://dispara.org/tienda/es/inicio/1983-you-can-call-me-nana-will-harris.html
Que ARTIGOS nos recomendas para seguir investigando?
Artigos para investigar sobre o tema:
“¿Es un libro?, ¿es un álbum de fotos?, ¿una revista? ¡Es un fotolibro!”
https://www.elsaltodiario.com/fotografia/libro-album-fotos-revista-fotolibro
“¿Qué es un fotolibro y qué no?”
https://www.monmagan.com/publicar/fotolibro/
“Fotolibros para niños: narrativa en imágenes”
https://e-lur.net/articulos/fotolibros-para-ninos-narrativa-en-imagenes/
“Fotolibros mudos para niños: historias secretas”
https://e-lur.net/articulos/fotolibros-mudos-para-ninos-historias-secretas/
(Fotografías de Sabela Eiriz na Comunidade de Medianos/as visualizando distintos fotolibros)
martes, 7 de marzo de 2023
ABI CASTILLO E LUZ BELOSO. EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS NO AMBIENTE DE COCIÑA.
No ambiente de Cociña podemos atopar unha exposición de ilustracións das artistas galegas Abi Castillo e Luz Beloso. Neste ambiente, ademáis de cociñar podemos atopar distintos obxectos artísticos conectado coa identidade do mesmo: "arte postal en conserva"por exemplo, así como fondos bibliográficos relacionados coa alimentación, gastronomía, receitas.."As receitas de Rosaura" é un libro de Isabel Blanco, ilustrado por Luz Beloso. "Pioneiras 2" é un libro ilustrado por Abi Castillo.





















