SEMANA DE HOMENAXE ÓS LIBROS.
Os caixóns tamén atesouran libros. Son lagoas. Espellos onde reflectirnos e lugar de encontro de miradas lectoras.
Estabas queda á tardiña.
O sol reflexaba en ti
Tódalas cores que tiña!
Ó chegar as primaveiras,
as oucas con flores brancas
a engalanarche as ribeiras!
Eras vidro quedo e verde.
En ti soaban os sinos
de Lucerna e de Valverde!
Miña LAGOA de Cospeito:
has vir comigo, metida
no máis fondo do meu peito!
-Manuel María-