Este curso, decidimos que O Principiño fora o protagonista do autocolante e cartel do Día do libro. Celebramos o seu 80 aniversario. É unha obra onde a personaxe establece un diálogo constante coa natureza a través de diversos elementos, paisaxes, reflexións...conectando co noso proxecto de innovación "Paisaxes habitadas, paisaxes transitadas".
Escolleuse concretamente esta ilustración pola presenza dos paxaros, xa que a través do proxecto Tiébélé, sabemos que as mulleres do poboado inspíranse no seu voo para deseñar algunhas das formas das fachadas das súas casas.
A cita de Ana Frank subliña a importancia e o valor dos libros e da lectura. Os paxaros como libertade e o encerro de Ana Frank ofrecen a oportunidade de reflexionar sobre as viaxes que podemos facer a través dos libros, como nos poden transportar a todo tipo de paisaxes, como poden acompañarnos en diversas situacións persoais, como imos configurando as nosas paisaxes interiores e persoais con anaquiños de libros que imos lendo ao longo da nosa vida. Polo tanto, os libros son os pasaportes que nos invitan a viaxar dende que nacemos.