xoves, 27 de abril de 2023

"PROXECTO HUMANAE" DE ANGÉLICA DASS.

 Enmarcada no Proxecto "Tiébélé:mulleres esdrúxulas" coñecemos o proxecto Humanae da artista brasileira Angélica Dass. A súa obra sobre as distintas cores da pel enriquece a nosa reflexión sobre a diversidade e a necesidade de mudar a denominación COR CARNE por COR NÁPOLES,que é realmente como se debe chamar de xeito correcto e universal esta cor. Sendo deste xeito máis respetuosos/as coa diversidade e buscando facer deste mundo un lugar máis habitable.

Na nosa escola estamos facendo diversas accións para reflexionar sobre a diversidade a través das cores da pel: lecturas de contos, visualización de referentes de artistas que traballan a pel con distintas cores...Hoxe centrámonos na extraordinaria obra de Angélica Dass a través da fotografía de gran cantidade de persoas que demostra que non existe a mal chamada "cor carne".

 

FOTOLIBRO DE ANGÉLICA DASS DO PROXECTO HUMANAE.