Inaguramos o terceiro trimestre cunha nova chea de enerxía artística.Vitalidade que nos lembra que as escolas poden ser espazos de transformación e de necesarias revolucións de base.
Durante todo o mes de Abril estará con nós, Sabela Eiriz, ARTISTA HABITANTE, dentro do proxecto "Escola Aberta". Sabela é unha artista multidisciplinar cun gran potencial investigador, creativo e epidérmico, en diversas linguaxes expresivas polas que aposta o noso Proxecto Educativo.
Este proxecto está coordinado coa nosa escola polo profesor da Universidade da Coruña a través do Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Chema Mesías Lema. Esta investigación enmárcase dentro do proxecto “ Os dereitos da infancia, adolescencia e xuventude: habitando proxectos activistas con estudiantes, docentes e artistas contemporáneos/as” dentro do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Pouco a pouco iremos facéndovos partícipes do moldamento deste proxecto soñado, deste proxecto habitado,deste proxecto que é un agasallo para toda a comundidade educativa.
Moitas grazas Chema Mesías por pensar no Ceip Heroínas de Sálvora como escenario para cohabitar artisticamente a nosa escola, e por extensión a vida e a infancia.
BENVIDA SABELA EIRIZ! ESTA É A TÚA CASA!