venres, 21 de abril de 2023

PEDRAS E LIBROS. BIBLIOTECAS NA NATUREZA.

 SEMANA DE HOMENAXE ÓS LIBROS

Estas imaxes pertencen á intervención artística feita na Leira de Moncha (Proxecto Ruralité) inspirada no artista Peter Wüthrich o curso pasado, onde os libros dos muros de PEDRA convertíanse en ás.













O teito é de PEDRA.
De PEDRA son os muros
i as tebras.
De PEDRA o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de PEDRA
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de PEDRA.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de PEDRA.

                                                  -Celso Emilio Ferreiro-