Esta semana tivemos unha charla sobre distintas cuestións relacionadas co desenvolvemento afectivo-sexual: autestima, emocións, autocoidado, responsabilidade, etc. Grazas Belén e Juan Carlos, por aportanos recursos para comprender a sexualidade e a afectividade como uns aspectos máis da vida, para comprendelo e sentilo como un proceso básico no noso desenvolvemento persoal e social. Grazas por aportarnos coñecementos e reflexións para autocoñecernos, coñecernos e respetarnos dende a aceptación da diversidade.
sábado, 17 de xuño de 2023
CHARLA "TICS, DESENVOLVEMENTO AFECTIVO-SEXUAL" CON BELÉN MONTESA E JUAN C. PERMUY.
mércores, 7 de xuño de 2023
ESCOLA ABERTA: FAMILIA EXPERTAS CONVERSAN CON NÓS SOBRE TEMAS DO MÁIS VARIADO.
No marco do proxecto de Escola Aberta as familias expertas seguen achegándonos temas de gran interese para todos e todas nós. Loli,nai de Roi, falounos de distintas cuestións relacionadas cos embarazos, amosóunos unha ecografía, o libro de Baby Pop de Meritxell Martí e Xavier Salomó...David, pai de Irina, compartiu a súa experiencia como mariñeiro de altura, explicándonos a ubicación xeográfica dos mares polos que navega, aparellos de pesca, como é o peteiro do peixe espada,... Pablo, pai de Icia e o seu compañeiro Manolo, mostráronos diversos aspectos relacionados coa súa profesión de doutor no hospital do Barbanza e técnico sanitario de ambulancia. Puidemos observar: equipamento médico da ambulancia, escoitar distintos sons do corpo co fonendoscopio...
Moitas grazas Loli, David, Pablo e Manolo pola vosa visita e conversas!
venres, 2 de xuño de 2023
ESCOLA ABERTA: FAMILIAS EXPERTAS.
Os nosos coñecementos seguen ampliándose grazas ás visitas das familias expertas que preparan charlas,obradoiros... sobre distintos temas.
José Antonio, pai de Martín, contóunos distintas cuestións sobre a arquitectura achegándonos planos, maquetas...Juan, o pai de Hugo, mostróunos o seu uniforme de traballo e explicounos como velan pola seguridade da cidadanía como garda civil. Fernando e Nieves , pai e nai de Fernando e Dani agasalláronnos coa música dos seus instrumentos e Puri, nai de Diego, ensinounos a facer unhas deliciosas receitas no ambiente de cociña.
Moitas grazas a todos e todas por adicarnos o voso tempo, saberes que nutren todos os nosos sentidos!
luns, 29 de maio de 2023
ONDAS E SURF. LIBERDADE SOBRE TÁBOAS.
Alex Sebastián de Grip Surf School estivo na nosa escola falándonos do deporte do surf, compartindo a súa experiencia cabalgando sobre as ondas do mar. É un deporte co que estamos moi familiarizados/as xa que forma parte da nosa paisaxe de litoral. Na biblioteca surfeamos sobre a teoría e en breve porémonos os traxes e iremos ata a praia a gozar dun día de salitre e taboas voadoras. Moitas grazas Alex Sebastián por transmitirnos a túa paixón por este deporte!
xoves, 25 de maio de 2023
O ARCO DA VELLA NA BIBLIOTECA. CHARLA DA CRUZ VERMELLA SOBRE LGTBI.
Hoxe a nosa biblioteca encheuse das cores do arco da vella. Cores da diversidade afectiva e sexual. Cores da vida.Hai tantas formas de amar e relacionarnos como persoas somos no planeta. Moitas grazas María e Patricia por compartir con nós os dereitos que temos como persoas! Moitas grazas por facer que a nosa pel de sociedade sexa máis sensible e respetuosa!
venres, 19 de maio de 2023
ESCOLA DE FAMILIAS: " OS VALORES E A IMPORTANCIA DO CONTACTO CON ELEMENTOS DA NATUREZA PARA A XESTIÓN EMOCIONAL"
Esta semana as familias tiveron unha charla enmarcada na Escola de Familias conducida por Jose Antonio Martínez Novas, onde se puxo en valor todo o potencial da natureza para o noso desenvolvemento emocional. Moitas grazas Jose Antonio, por achegarnos todas estas reflexións, que sen lugar a dúbidas, nos serven para coñecernos máis a nós mesmos/as e para acompañar os nosos fillos e fillas nos procesos de vida!
luns, 15 de maio de 2023
FAMILIAS EXPERTAS NA BIBLIOTECA: A SUBASTA DO PEIXE.
mércores, 26 de abril de 2023
SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS FOTOLIBROS CON SABELA EIRIZ: REFERENTES, OBRAS, ARTIGOS PARA INVESTIGAR...
Seguimos conversando con Sabela Eiriz (Artista Habitante) para coñecer máis en profundidade o mundo dos FOTOLOLIBROS e adentranos nas súas entrañas:
Algún/as artistas que traballan con fotolibros son:
- Rinko Kawauchi
- Edward Ruscha
- Cristina de Midell
- Martin Parr
- Laura Carrascosa Vela
- David Jiménez
- Gloria Oyarzábal
- Federico Clavarino
Algúns exemplos de FOTOLIBROS?
Exemplos:
This equals that de Jason Fulford e Tamara Shopsin
https://jotabarros.com/libro-fotografia-callejera-this-equals-that/
https://www.youtube.com/watch?v=o5eAoiOUVTE
Todo en un museo de Katy Couprie e Antonin Louchard
Die Ganze Welt de Katy Couprie e Antonin Louchard
Os libros de Katy Couprie e Antonin Louchard non teñen texto. Compóñense de moitísimas imaxes que vemos combinadas en cada doble páxina.
Ciccì Coccò de Bruno Munari e Enzo Arnone
Combínanse fotografías de escenas de nenos de Enzo Arnone con breves textos escritos por Bruno Munari. É un dos primeiros fotolibros para nenos/as.
Supplemento al dizionario italiano de Bruno Munari
Un “diccionario” de xestos no que Munari mostra mediante fotografías e breves frases a linguaxe non verbal.
Outros fotolibros interesantes:
Como la casa mía de Laura C. Vela
https://www.dalpine.com/es/products/como-la-casa-mia-laura-c-vela
Y tú, ¿por qué eres negro? de Rubén H. Bermúdez
https://www.rubenhbermudez.com/y-tu-por-que-eres-negro-and-you-why-are-you-black
“You can call me Nana” de Will Harris
https://dispara.org/tienda/es/inicio/1983-you-can-call-me-nana-will-harris.html
Que ARTIGOS nos recomendas para seguir investigando?
Artigos para investigar sobre o tema:
“¿Es un libro?, ¿es un álbum de fotos?, ¿una revista? ¡Es un fotolibro!”
https://www.elsaltodiario.com/fotografia/libro-album-fotos-revista-fotolibro
“¿Qué es un fotolibro y qué no?”
https://www.monmagan.com/publicar/fotolibro/
“Fotolibros para niños: narrativa en imágenes”
https://e-lur.net/articulos/fotolibros-para-ninos-narrativa-en-imagenes/
“Fotolibros mudos para niños: historias secretas”
https://e-lur.net/articulos/fotolibros-mudos-para-ninos-historias-secretas/
(Fotografías de Sabela Eiriz na Comunidade de Medianos/as visualizando distintos fotolibros)
"CÓNTOCHE UN TRAXE" NO MUSEO MUNICIPAL DE RIBEIRA. ABRIL DOS LIBROS.
A semana pasada a Comunidade de maiores visitou o Museo Municipal de Ribeira asistindo á actividade "Cóntoche un traxe", organizado polo Concello, dentro do marco de "Abril dos Libros".
Tivemos a oportunidade de facer unha viaxe na historia a través dos distintos traxes tradicionais. Este obradoiro foi desenvolto por Monste Rivera (Leilía).
Moitas grazas Monste por compartir os teus coñecementos sobre a nosa cultura con nós!
luns, 24 de abril de 2023
CONVERSA CON SABELA EIRIZ SOBRE OS FOTOLIBROS.
Da man da Artista Habitante, SABELA EIRIZ, coñecemos os FOTOLIBROS.
Sabela Eiriz fainos un achegamento ao fotolibro como manifestación artística, cando lle preguntamos:
Que é un fotolibro?
Un fotolibro non é só “un libro con fotos”,…
Non é un catálogo, o cal recolle, por exemplo, a obra dun/a artista ou dun período.
Non é un álbum de fotos, que recolle unha experiencia ou lembranzas persoais.
Non é un fanzine, que adoita estar más limitado en formatos.
Non é un libro de artista, porque moitas veces no fotolibro participan moitas persoas.
Entón… que é un fotolibro?
É un libro onde as fotografías son as protagonistas (aínda que tamén poden aparecer outros elementos como textos, debuxos e gráficos como, por exemplo, mapas).
Mediante esas imaxes, o fotolibro relata unha historia ou traslada unhas ideas, máis ou menos abstractas. Por iso, as fotografías teñen unha orde, unha disposición e un tamaño pensados para expresar o que queremos contar. Tamén o tamaño, as cores e a encuadernación do fotolibro poden ter significado (por exemplo, un tamaño pequeno crea unha relación máis íntima co libro). Podemos xogar con todos os aspectos da forma e o formato para aportar significado ao contido. Ademais, o fotolibro adoita ser unha obra conxunta de diferentes persoas: a autora ou autor das fotos, a persoa que o edita, a persoa que o deseña, as persoas encargadas da impresión…
O fotolibro é unha manifestación artística en si mesma (como unha película, unha peza musical ou unha escultura), e unha das posibilidades que temos á hora de darlle forma e soporte a un proxecto fotográfico. Co fotolibro, podemos contar unha historia, elaborar un discurso visual ou transmitir unhas ideas, creando unha narrativa mediante a secuenciación (a orde das fotos) e a disposición (a colocación das fotos nas páxinas). É dicir: nada é aleatorio, a maneira en que ordeamos e combinamos as imaxes (ou as imaxes con, por exemplo, texto) crea significados.
Seguiremos conversando con Sabela sobre este tema tan interesante e investigando sobre o mesmo.
(Fotografías de Sabela Eiriz na Comunidade de Medianos/as visualizando distintos fotolibros)
sábado, 25 de marzo de 2023
ESCOLA ABERTA: FAMILIAS EXPERTAS. CONVERSA SOBRE ROBÓTICA E PROTECCIÓN CIVIL.
"Escola Aberta" é un proxecto de colaboración e implicación de toda a comunidade educativa a través diversas modalidades (familias expertas, colaboradoras, comisións,...) que volve a activarse tras os cursos de pandemia.
Esta semana visitounos Carlos, o pai de Laia da Comunidade de Pequenos/as. Compartiu con nós moitos coñecementos sobre robótica, cuestións super interesantes do mundo das máquinas. Ademáis tamén nos falou de diversos aspectos sobre Protección civil. Moitas grazas por todo Carlos!
xoves, 23 de marzo de 2023
ANDREA MACEIRAS, AUTORA DO LIBRO DO CLUBE DE LECTURA "A FOLLA AZUL".
Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Andrea Maceiras, a autora do libro "A folla azul" que estamos lendo no clube de lectura "Medio pan". Foi unha experiencia xenial poder coñecela en persoa e sentir de preto como é o seu proceso de creación, as súas fontes de inspiración...como a literatura forma parte da súa vida e como moldea as palabras para escribir relatos tan fermosos como os que podemos atopar nesta obra. Moitas grazas Andrea polo teu tempo, pola túa enerxía e pola viaxe literaria da que tanto gozamos hoxe!

































