venres, 14 de abril de 2023

RURALITÉ: "POETIZAR O POBO, POETIZAR A VIDA"

 No contexto Covid naceu o proxecto "Ruralité", onde as portas da escola abríronse en toda a súa plenitude e amplitude, buscando o ceo como teito e area, terra e herbas como chan. Foron numerosas as intervencións que fixemos por toda a parroquia duranrte dous cursos: en leiras de familias, camiños, montes, praias, espazos de cartelería do Concello,campañas de concienciación medioambiental, exposicións de creacións feitas na escola na parroquia, exposicións monográficas... Hoxe en día, podemos dicir que Ruralité" xa é un proxecto que forma parte do ADN da nosa escola, cunha proxección plurianual. As lecturas ao aire libre taménestiveron presentes.

RURALITÉ 

Exposición de fotografía realizada na Editorial.

Carteis medio ambiente. 

 

Exemplos de imaxes de instalacións artísticas, performances...






 







      Un exemplo de intervención dentro de "Ruralité" deste curso é "Poetizar o pobo". A Comunidade de Maiores, no primeiro e segundo trimestre, fixemos varios roteiros pola parroquia e localizamos puntos que nos gustaría poetizar. Lanzadeiras de esporas poéticas. En pequenos grupos buscamos en distintos libros de poesía e na rede poemas, versos, pensamentos...que consideramos que se poden aliar co vento e poetizar a nosa parroquia.

    En Tesselas (Identidade artística) preparamos os carteis en madeira. Este trimestre colocarémolos, pasando  a formar parte da paisaxe do noso entorno máis próximo.