martes, 18 de abril de 2023

COVAS DE LIBROS, PARA AGOCHARSE E PARA ATOPARSE.

SEMANA DE HOMENAXE ÓS LIBROS.

 En toda a escola hai distintos espazos de inspiración de infancia: altillos, casiñas, cabanas...Lugares onde nos recollemos, onde nos atopamos, lemos, inventamos relatos...Covas para ler e reler.












Perdéronse uns mariñeiros,

quizais no ventre do mar.

Din que están cunhas sereas

nunha COVA de cristal.

Sereas que tecen nubes

cos seus beizos de coral.

Sereas que tecen bicos,

coma perlas no luar.

Naufragaron silandeiros

e perdéronse no mar.

Menos mal que esas sereas

lles prestaron un fogar.

-Antonio García Teijeiro-.