Amosando publicacións coa etiqueta ESCOLA DE FAMILIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCOLA DE FAMILIAS. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2023

ESCOLA DE FAMILIAS: " OS VALORES E A IMPORTANCIA DO CONTACTO CON ELEMENTOS DA NATUREZA PARA A XESTIÓN EMOCIONAL"


 Esta semana as familias tiveron unha charla  enmarcada na Escola de Familias conducida por Jose Antonio Martínez Novas, onde se puxo en valor todo o potencial da natureza para o noso desenvolvemento emocional. Moitas grazas  Jose Antonio, por achegarnos todas estas reflexións, que sen lugar a dúbidas, nos serven para coñecernos máis a nós mesmos/as e para acompañar os nosos fillos e fillas nos procesos de vida!

luns, 15 de maio de 2023

FAMILIAS EXPERTAS NA BIBLIOTECA: A SUBASTA DO PEIXE.


O pasado venres a comunidade de medianos/as acudiu á biblioteca para escoitar a unha familia experta en... peixes e subasta de peixe! Tivemos a inmensa sorte de contar cunha administrativa e un poxador da lonxa de Ribeira que nos ensinaron fotos de peixes, vídeos sementando ameixas, contáronnos o seu día a día e mesmo fixemos unha poxa. Pero o mellor aínda está por vir: o xoves 18 acudiremos á lonxa de Ribeira coñecer de primeira man unha subasta de peixe e a lonxa de Ribeira, unha das máis importantes de Europa. Xa vos contaremos! Moitas grazas Eva e Tomás por esta exposición tan interesante!

                                       

                                         

                                    

venres, 14 de abril de 2023

OBRADOIRO DE TEATRO: MONICREQUES "A QUE SABE A LÚA?"

 Esta semana continuamos cos obradoiros de teatro co mestre Gonzalo. O Café-Teatro (Identidade de Artes escénicas) encheuse de  monicreques de pau do conto "A que sabe a lúa?" . Seguimos desfrutando dos saberes e coñeceres de Gonza.






martes, 31 de xaneiro de 2023

OBRADOIRO PARA FAMILIAS. "A ARTE DE POÑER LÍMITES" CON MERCEDES URBIOLA.

 



Este mes tivemos un obradoiro con Mercedes Urbiola organizado dende a Escola de Familias. Tratouse o tema dos límites, cuestión que consideramos de vital importancia para o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas. Moitas grazas Mercedes por achegarnos este tema tan interesante sobre o que tanto temos que reflexionar como sociedade!

luns, 19 de decembro de 2022

A BIBLIOTECA COMO ESPAZO DE ENCONTROS DE FAMILIAS. ESCOLA DE FAMILIAS CON JOAQUÍN CASTAÑO.

1º ENCONTRO DA ESCOLA DE FAMILIAS.

O pasado martes 13 de decembro tivo lugar o primeiro encontro da escola de familias, impulsada polo Departamento de Orientación da nosa escola. Ao longo de dúas horas, Joaquín Castaño, mestre de ioga na Escola Internacional de Ioga, falounos sobre autocoñecemento e autoestima. Grazas, familias, por achegarvos e compartir este tempo!


Deixamos máis información sobre Joaquín Castaño, por se é do voso interese:

https://www.escueladeyoga.com/avada_portfolio/joaquin-castano/#